Ribadeo, 17 de xullo de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou na tarde deste xoves na inauguración da Feira do Libro de Ribadeo, onde salientou “o papel central destas citas no impulso á comercialización e promoción de obras e autores galegos”.
Neste sentido, a delegada aludiu a que “dende o ano 2010 número de lectores frecuentes incrementouse en cinco puntos porcentuais” e referiuse tamén a que actividade editorial no conxunto estatal “aumentou en case un 12 por cento”. Estes datos, xunto co peso da publicación en galego na comunidade, son, en opinión de Arias, motivos que avalan “o acerto da aposta realizada pola consellería para incrementar en máis dun 11 por cento o orzamento para as feiras do libro en Galicia durante este ano”.
Arias salientou tamén o papel da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento destas citas e, en especial, a Feira do Libro de Ribadeo, que coa colaboración do departamento autonómico, volta a celebrarse este ano logo de dúas décadas de ausencia. A feira, que se estenderá dende hoxe ata o próximo domingo día 20, contará con máis dunha decena de expositores.
A delegada fixo mención a este “rexurdimento da cita” e amosou “o agradecemento” á Federación de Libreiros de Galicia e, sobre todo, á Asociación Cultural Francisco Lanza, por retomar a iniciativa de organizar esta cita. Precisamente a presidenta deste colectivo cultural, Dores Fernández Abel, foi a encargada de ler o pregón da feira.
Coa cita ribadense elévanse a cinco as feiras deste tipo que se desenvolven durante este ano na provincia de Lugo, na que, como destacou Arias, se levan a cabo case a metade da ducia de eventos deste ámbito dentro da comunidade: Lugo, xa celebrada, Ribadeo e, nas próximas semanas, Viveiro, Foz e Monforte.
A representante do Executivo galego na provincia animou tamén aos estudantes e centros de ensino a participar nestas citas, “un público cuxa presenza tamén nos propuxemos este ano reforzar”. Así mesmo, valorou o impulso que se lle está a dar no presente ano á vinculación das agrupacións culturais, colectivos veciñais, ou escolas de música, entre outras, de cada unha das zonas nas que se celebren as feiras.
“Desta forma, como sucede en Ribadeo, pódense organizar en colaboración con eles unha oferta de actividades de teatro, música, e incluso demostracións profesionais ou tradicionais. Unha nova aposta da Consellería de Cultura e Educación polos artistas de base e polas compañías galegas, contribuíndo a impulsar o sector editorial, así como tamén outros sectores, favorecendo a súa visibilidade e xerando emprego”, indicou Arias .
No caso de Ribadeo, representantes da Escola Municipal de Música, así como o grupo de teatro Baobab e o grupo Os Bolechas protagonizarán diversas actividades dunha oferta que completa o programa da feira ribadense.
Na apertura da feira estiveron presentes tamén Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo; Mari Luz Álvarez, concelleira de Cultura de Ribadeo; e Xosé Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



