Ribadeo, 17 de xullo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou na tarde deste xoves na inauguración da Feira do Libro de Ribadeo, unha cita cultural que se recupera despois de dúas décadas da súa desaparición, grazas ao traballo conxunto da Federación de Libreiros de Galiza, representada hoxe polo seu vicepresidente, Antón Pedreira; o Concello de Ribadeo, representado pola responsábel de Cultura; a Agrupación Cultural Francisco Lanza, representada por Dores Fernández Abel; a Xunta de Galiza, representada pola delegada territorial en Lugo, Raquel Arias; e a área de Cultura da institución provincial.
Esta súmase ás que se veñen celebrando na comarca da Mariña, en Viveiro e Foz; así como ás de Lugo e Monforte de Lemos, e á Feira do Libro Antigo e de Ocasión que se celebra na capital da provincia. Para a organización de todas elas, a área de Cultura da Deputación ten asinado coa Federación de Libreiros de Galiza un convenio de colaboración por valor de 8.000 euros.
Para Antonio Veiga “é unha moi boa nova poder estar hoxe aquí inaugurando a Feira do Libro de Ribadeo. É unha boa nova porque despois de vinte anos recuperamos unha cita cultural de referencia, que nos achega o mellor da nosa literatura e supón unha oportunidade única para que o sector editorial dea a coñecer o seu traballo”.
A Feira do Libro de Ribadeo xa abriu as súas portas ás doce do mediodía deste xoves, no parque San Francisco de Ribadeo, e estará aberta ao público ata o vindeiro domingo, 20 de xullo, en horario de mañá de 12 a 14 horas, e en horario de tarde de 18 a 22 horas.
O acto inaugural deu comezo coa actuación do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de Ribadeo, para continuar cunha quenda de intervencións dos alí presentes, sendo Dores Fernández a encargada de pronunciar o pregón inaugural da Feira do Libro de Ribadeo. O acto rematou cunha visita aos 11 stands que forman parte desta edición da feira.
O Servizo de Publicacións dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo estará entre eses postos de exposición e venda, no que se poderán adquirir exemplares dos últimos libros editados pola institución provincial. Expositores que estarán acompañados por diversas actividades para os máis pequenos, música e teatro.
Neste sentido, Veiga explicou que “dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo damos luz a proxectos de colectivos culturais e sociais da provincia grazas ao noso Servizo de Publicacións, dando a coñecer, así, estudos e traballos sobre a nosa provincia, así como textos literarios de figuras lucenses para moitos descoñecidas”.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



