O vicepresidente da Deputación de Lugo e máximo responsable do BNG na Mariña lucense, Antonio Veiga, non quere que os cidadáns poidan escoller directamente o seu alcalde. Esta en contra de aplicar un principio tan básico en democracia como aquel que afirma que o que gañe debe gobernar.
Ata certo punto é lóxico que os nacionalistas manteñan esta postura, tendo en conta que esta anomalía no sistema electoral colócalles nunha situación de privilexio desvirtuando os seus continuos malos resultados nas urnas.
O BNG na provincia de Lugo e na comarca da Mariña perde unha e outra vez as eleccións. E non só resulta derrotado en cada cita electoral senon que ademais nas últimas eleccións sufriu unha espectacular caída que os converte nunha forza política residual, con menos do 6% dos votos.
Con todo eses malos resultados levoulles a arrebatar nos despachos o que perderon nas urnas. Trampas é que Antón Veiga sexa vicepresidente da Deputación e xestione unha parte importante do seu orzamento aínda que sumados BNG e PSOE teñan 3.216 votos menos que o PP. Ademais os nacionalistas so dispoñen de dous dos 25 deputados provincias e quedarían coa metade da representación xa que co resultado das europeas o propio Antonio Veiga perdería o seu escano pola Mariña ¿Que mellor fórmula de roubar os votos cidadáns que gobernan sendo os menos votados?
Os nacionalistas na provincia nunca imaxinaron que tan poucos votos daríalles tanto poder, deformando a vontade dos lucenses. Na Mariña chegarían a desaparecer, a quedarse sen concelleiros, nalgún municipio, no que son a quinta forza política e caendo. Simplemente aplicando os resultados das tres últimas eleccións xerais, autonómicas e europeas hoxe perderían as únicas alcaldías que conservan: as de Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto, nas que o Partido Popular obtería maioría absoluta.
Aínda que Antonio Veiga e moitos no BNG non lles guste, a cidadanía merece que abramos este debate público. A reforma electoral non vai contra ninguén. O que vai a promover é que as coalicións, de producirse, sexan antes das eleccións e os cidadáns as coñezan, e non asistamos a mercadeos post-electorais para repartirse o poder entre as minorías con cargo ao peto dos cidadáns.
A xente quere que o seu voto vaia para elixir aos alcaldes, aos seus representantes, e que non sexan invalidados nos despachos despois de abrir as urnas. No BNG teñen pánico á democracia, a que decidan os cidadáns, a que goberne o partido máis votado.
José Manuel Balseiro Orol.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



