Manuel Yáñez Dablanca.-Tres anos do grupo municipal do PP na oposición
Comezou o verán e con el comezamos tamén un novo ano de lexislatura como oposición no concello de Ribadeo. Desde o primeiro momento, antes incluso de que se poideran facer cábalas e especulacións sobre o asunto político, o grupo municipal do PP tivo unha iniciativa clara como representantes dunha parte importante do pobo ribadense: lograr todo o mellor para Ribadeo e facelo da forma máis sincera e honesta posible. Este posicionamento inicial, non pactado e de sentido común, segue animando hoxe en día o noso traballo como individuos e como grupo.
Desde o primeiro pleno o grupo municipal foi verquendo nos xornais locais resumos do discutido e das preguntas formuladas, e comentando os pareceres e sentires que non cabían no protocolo dos plenos, un labor que non afecta ó acontecer político, pero sí anima e ilumina as discusións e as opinións de tódolos cidadáns, un proceder que é necesario para facerse ver pero que se vai esquecendo con cada día que pasa, noticia que sae e xornal que se renova,… e así ven sucedendo desde xuño do 2011.
Ese primeiro mes foi presentada xa a moción de accesibilidade que segue a estar relegada ó esquecemento nos arquivos do concello e do goberno local, e daquel comezo hai presentada tamén outra moción para o uso e xestión da Praia de As Catedrais que tantos titulares e reunións debe traer á escea, e que, vistos os sucesos dos últimos tempos, ven dar a razón a aquela inquedanza nosa.
Nos primeiros meses foron presentadas mocións cos temas máis importantes para a vida da vila, e que a día de hoxe seguen a ter actualidade, e contribuímos tamén como oposición a enriquecer o debate e a suxerir temas e contidos de primeira necesidade política: comentamos a subida das taxas no concello (algo que esqueceremos co paso do tempo e outras circunstancias), criticamos (en pasado e presente) o pago dun gabinete de publicidade exclusivo para o alcalde, fixémonos eco da polémica sobre a ubicación do paso da subestación eléctrica que afectaba ós veciños de Piñeira, recollimos as queixas polos danos que ocasionaban os xabariles, esiximos un Plan de ordeación e uso das nosas praias (a raíz da perda da bandeira azul aquel primeiro ano), defendimos a sanidade pública desde o Plan concertado da Xunta e a necesidade da cobertura sanitaria para toda a cidadanía, estivemos no sorteo e entrega das vivendas de protección oficial, acompañamos ó presidente de Portos nas visitas que precederon á mellora das instalacións no muelle de Mirasol e do porto deportivo, … e seguimos nos anos seguintes vixiando e comentando a vida política nos temas máis públicos e de trascendencia social: xuntamos as nosas voces en contra do maltrato e estivemos sempre na primeira liña nas reivindicacións da igualdade, colaboramos na aprobación provisional do PXOM, pedimos á poboación un maior coidado na reciclaxe, e tamén, cando decidiron renunciar á construcción da nova gardería e propor a creación dunha nova residencia, reconducimos os nosos esforzos a que esta idea se levara a cabo.
De todos estes temas, e outros que quedan a paso corto nos procederes protocolarios de toda administración, salientamos o traballo realizado en prol dunha mellora dos recursos paisaxísticos coa moción para creación na vella fábrica de algas da Vilavella dun centro de recursos ambientais e a creación dun plan de actuación na praia de As Catedrais, que agora está de actualidade pola recente inversión da Xunta no areal. Salientamos tamén o traballo realizado xunto co pobo de Ribadeo para conseguir unha residencia para os nosos maiores, e lembramoss tamén a nosa proposta dun plan de accesibilidade para a vila, aínda que segue a ser desoída desde o goberno local.
De todo este traballo queda mostra no día a día do Concello e tamén nos xornais e radios locais, pero tal vez non tanta na memoria de todos nos. Os titulares dos xornais morren no mesmo día, e as conversas e opinións cambian o tema, ou o esgotan porque a vida vai máis rápido que o que se fai nela. O soporte publicitario é vital para algún, e é algo que funciona, pero necesítanse tamén outros foros nos que rendabilizar ou expansionar o traballo duns poucos. Os que teñen a plataforma axeitada para levalo a cabo e o soporte humano para transmitilo son capaces de manterse e facerse oír máis tempo, pero aqueles que nin teñen os recursos publicitarios de pago, nin se lles da eco ó seu traballo, ou incluso ó contrario, deben seguir no seu día a día só co convencemento e a responsabilidade do seu quefacer.
Certamente ninguén vai ós plenos, son aburridos, monótonos e repetitivos, e longos, sobre todo longos…. Poucos son os que asoman entre os bancos públicos do consistorio e menos aún os que agardan ata o final, incluso algúns da mesa marchan antes… e sin embargo todo o asunto público é tratado aí, e o que sae filtrado ós xornais ó día seguinte ou, tendo a maioría absoluta e polo tanto o resultado asegurado, ese mismo día, non son máis que os titulares duns ou doutros que dependendo do caso son tildados de electoralistas ou propagandistas por estes ou aqueles.
Hai moitas políticas, tantas como intereses poñen algúns. Desde o comezo da lexislatura o papel queda definido e os que están detrás aparecen ou desaparecen en función do que crean o seu futuro. Recoñezámolo: existen varias e variopintas formas de facer política, e entre elas falamos de dúas. A das rúas e titulares de xornais e radios, e a política de cada pleno, de cada actividade e de cada semana. Desde cada política debera falarse da outra, da actitude, dos logros, do que avanza o pobo, ou do que non, do que se fai ou nos deixan facer ou do que non. Sin embargo parece que todo se reduce a se a oposición sae ou debera saír constantemente a criticar ó alcalde cando o bo quefacer político consiste en viabilizar, facilitar, axudar e promover a evolución da vila. Algúns/has agardaban que a oposición gastara as súas forzas nunha enconada loita contra o perfil do equipo de goberno, e pola contra o seu traballo redúcese a valorar e/ou criticar positiva ou negativamente aquelas actividades que consideramos que a vila e os e as ribadenses merecen. E todo isto na política local, porque non creamos nin propoñemos normas nin leis, e como a tódolos cidadáns hai leis que nos favorecen e leis que nos prexudican e o feito de estar baixo as siglas dun grupo non dificulta o noso entendemento nin fiscaliza o noso parecer. As mal chamadas «mocións tipo» que tantos titulares promoveron foron un campo de mostra ben explícito do que aquí se di… pero iso non é a política das rúas, tal vez sí é política para a galería e para situarse na fila ou saír dela para os futuros próximos.
Vivimos como cidadáns en cada vila e cada pobo, cunhas circunstancias e unhas características distintas. Representamos a unha parte do pobo, tan válida como as outras, e como representantes somos tan válidos como os máis, e a pesar de tempos e situacións en contra afirmamos con rotundidade logo de tres anos no concello de Ribadeo que estamos facendo política. Tal vez non a política que queren os/as que están detrás, ou os/ que virán más adiante, ou os/as que están máis arriba, pero de certo que é a política que o pobo debe ter para continuar medrando e evolucionando. Nesa actitude nos encontrarán sempre, colaborando nas iniciativas que dinamizan o pobo, axudando nas actividades que necesiten a nosa presencia, contribuíndo en fin a crear vila como políticos e cidadáns activos conscientes do seu labor. As ideoloxías e as ideas deben estar ó servizo do pobo, e deben evolucionar ó seu carón, e cada un deberá decidir que é o que pon por diante. Polo que respecta a este grupo municipal queremos demostrar e seguiremos demostrando ata a fin da lexislatura que Ribadeo e a xente que o habita está por diante de calquera outra motivación.
Manuel Yáñez Dablanca
Concelleiro de Ribadeo



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



