Desde o equipo de goberno burelés fan unha valoración positiva do discorrer da Romaría do Monte Castelo, que se celebrou a pasada ponte festiva en Burela: “estamos satisfeitos de cómo discorreu a Romaría do Monte Castelo, agás tres ou catro cuestións menores non houbo que lamentar danos no monte, nin desperfectos”. E engaden que “a labor de limpeza foi exquisita ao longo de toda a romaría. A empresa encargada destas tarefas estivo permanentemente ao pé do canón e a día de hoxe toda a recollida do lixo está practicamente terminada. Quedan por repasar as zonas de acampada, por si quedan restos da festa, algo que se fará ao longo desta semana”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



