Lugo 1 de agosto de 2014. O PP de Lugo agradeceu este venres ao Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, que atendese a Galicia e se manteñan os partidos xudiciais e tódolos xuzgados e destacou o traballo do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo pola súa total implicación neste tema.
Nunha rolda de prensa, ofrecida polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e polo deputado nacional, Jaime de Olano, e na que estiveron presentes senadores, deputados nacionais, alcaldes e voceiros de concellos cabeceira dos partidos xudiciais, os populares agradeceron ao titular de Xustiza que escoitase as singularidades de Galicia para facer posible o mantemento de tódolos partidos xudiciais e xulgados.
Destacaron a labor e o traballo do presidente da Xunta, neste eido, quen se “implicou a fondo” para que se mantivesen tódolos partidos xudiciais de Galicia e para garantir con éxito o principio de tutela xudicial efectiva.
Os populares afirman que o acordo blinda a continuidade dos partidos xudiciais existentes na provincia de Lugo (Chantada, Becerreá, Sarria, Lugo, Vilalba, Viveiro, Monforte, Fonsagrada e Mondoñedo) “quenes obedecen a unha tradición xudicial e xurisdicional”, polo que “consideran que os partidos xudiciais existentes deben permanecer malia a que se introduzcan flexibilidades necesarias”.
Neste senso, explicaron que os Tribunais de instancia permitirán reorganizar a carga de traballo entre os diferentes xuzgados, que actuarán baixo un único órgano e o criterio de flexibilidade ao que estarán sometidos os partidos posibilitará o traslado de asuntos de un a outro, sempre dentro do área dun mismo tribunal de instancia.
Neste sentido indicaron que “si en Monforte, por algunha circunstancia existe sobrecarga de traballo poderase derivar algún asunto concreto ao Xulgado de Chantada, no caso de que este esté máis liberado de traballo”.
Finalizaron os populares manifestando que con estas melloras e coas que se poidan tramitar nas cortes xerais lograrase o obxetivo final de dotar de máis calidade ao servizo público da xustiza.
VALORACIÓN CPFF
O presidente provincial e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro fixo unha valoración sobre o CPFF e salientou o acordo de ampliar o prazo de devolución das transferencias ás CCAA de dez a vinte anos, que en Galicia supón uns 150 millóns de euros.
Manifestou que esta circunstancia debeuse a mala xestión e aos erros do PSOE, quenes provocaron que ás Comunidades Autónomas, por algo que non lles competía, tivesen que devolver o cartos e evitaban non dedicalos a outras funcións.
Concluíu Barreiro lembrando que cando Mariano Rajoy chegou ao goberno tratou de correxir esta circunstancia ampliando estes plazos de devolución e agora dase unha nova ampliación de dez anos máis.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



