Nota de Prensa
O voceiro do Mar do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara galega para que a Xunta de Galicia inste ao Goberno socialista de Zapatero a substituír este helicóptero con máis de 18 anos de antigüidade e que presenta contínuas paradas e avarías
O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR RECLAMA A SUBSTITUCIÓN INMEDIATA DO HELIMER GALICIA DEPENDENTE DO SERVIZO ESTATAL DE SALVAMENTO MARÍTIMO
* “Hai máis dun ano -febreiro de 2008- que SASEMAR anunciou que se substituiría o vello Helimer Galicia con base na Coruña, logo dun accidente no que se rompeu o cable de izado e morreu un Guarda Civil que participaba nun rescate” indicou Balseiro e, a día de hoxe, o Goberno central incumpre este compromiso.
* A Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo desautoriza á voceira do Mar do PSOE xustificando a non substitución da aeronave da súa competencia en que a cobertura do servizo de emerxencia marítima está plenamente garantida cos helicópteros competencia da Xunta de Galicia: o Pesca I e o Pesca II
Santiago, 24 de xullo de 2009.- O Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara autonómica a través das que busca o apio da Xunta para reclamar perante o Goberno central a substitución inmediata do helicóptero Helimer Galicia dependente do Servizo Estatal de Salvamento Marítimo (SASEMAR). O voceiro do Mar do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol explica que o actual modelo da aeronave que opera nas nosas costas conta con máis de 18 anos de servizo –o máis antigo dos que seguen en activo en todo o Estado- e presentan continuas paradas e avarías, que reducen a súa operatividade en caso de ter que actuar cando acontece algún suposto de emerxencia marítima.
Balseiro Orol indicou que hai máis dun ano -febreiro de 2008- que o Goberno central anunciou que se substituiría o vello Helimer Galicia con base en A Coruña, logo dun accidente no que se rompeu o cable de izado e morreu un Garda Civil que participaba nun rescate. Malia o dito, a día de hoxe, o Executivo socialista de Zapatero incumpre este compromiso, que pasaba polo troco do modelo actual –un Sikorsky S-61N- por un novo modelo moito máis moderno -o Agusta Westland 139s-, que debería estar en Alvedro en febreiro de 2009. Curiosamente, a Sociedade Estatal de Salvamento si ten substituído outras aeronaves, como é o caso das que teñen a súa base en Reus, Valencia, Almería, Tenerife Sur, Palma de Mallorca e Xixón. Neste último caso,a incorporación do novo Agusta Westland supuxo o traslado do helicóptero existente – un Eurocopter Dauphine con moitas mellores prestacións que o que opera en Galicia – a Santander, pese a que a costa cántabra ten ata un 75% menos de actividade de salvamento marítimo.
MÚLTIPLES INCIDENCIAS
Tal e como explica o voceiro do Mar do Grupo Popular a obsolescencia do actual Helimer Galicia deu lugar a graves problemas impropios dun servizo que está chamado a ofrecer unha cobertura axeitada en caso de emerxencia e, polo tanto, a garantir a vida e a integridade física das xentes do mar. Así por exemplo con ocasión do naufraxio do Rosamar, foi necesario que o helicóptero Pesca II, dependente da Xunta, substituíra nestas operacións ao Helimer Galicia, deixando con elo descuberta a costa lucense.
Situación similar aconteceu con ocasión do rescate do buque Cordero, a aeronave habitual que emprega Salvamento Marítimo foi substituída por un modelo distinto –o Dauphin- que dispón dunha menor calidade nos seus equipos e prestacións pois, por exemplo, non conta con cámara de visión nocturna. Tamén resulta relativamente frecuente que se proceda á substitución das tripulacións que operan desde a base do SASEMAR na Coruña por outros traballadores procedente de terceiros lugares, así por exemplo, ante o sinistro do buque Cordero, os pilotos procedían de Xixón e, polo tanto, descoñecían a zona.
DESAUTORIZACIÓN AO PSOE
En todo caso, indica o voceiro do Mar do PPdeG, o Goberno socialista de Zapatero está a xustificar a súa negativa para incorporar unha aeronave moito máis moderna para a base da Coruña en que o servizo na costa galega xa está cuberto polos helicópteros Pesca I e Pesca II, dependentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, isto é, os de competencia autonómica. A Consellería do Mar anunciou nas pasadas datas a súa intención de dotar de dobres tripulacións dispoñibles para pilotar estas aeronaves e garantir, deste xeito, a súa operatividade ás 24 horas do día, os 365 días ao ano. O devandito reforzo do cadro de persoal é posible grazas á reformulación realizada dos medios económicos debido á suspensión do proceso de compra dun novo helicóptero que tería a súa base na Costa da Morte e que cubriría unha área similar á que hoxe da cobertura o Helimer Galicia de Salvamento Marítimo.
O discurso que agora mantén SASEMAR, indicou o deputado popular, contrasta coas manifestacións públicas realizadas pola voceira do Mar do PSdeG, Marisol Soneiro Tajes, moi crítica coa posición da Xunta, polo que é máis que evidente que o Goberno central están a desautorizar á portavoz socialista e a dar a razón a aqueles que manteñen que os cambios garanten unha maior eficacia e operatividade dos helicópteros da Xunta e que non existían criterios ou informes técnicos que avalasen a compra dese novo helicóptero por parte da administración autonómica galega.
AUSTERIDADE IRRESPONSABLE
Balseiro Orol conclúe que o Goberno central está a incorrer, coa súa negativa a substituír o Helimer Galicia por un aparato máis moderno, nun suposto de austeridade irresponsable. O Executivo que preside Jose Luis Rodríguez Zapatero debe asumir as súas competencias e cumprir as súas responsabilidades, tal e como está a facer na actualidade a Xunta de Galicia, que xa dobrou a tripulación do helicóptero da súa competencia con base en Vigo e ten previsto facer o propio en Celeiro no mes de xaneiro. A diferenza do que está a facer o Executivo central o novo Goberno de Galicia, presidido por Alberto Núñez Feijóo aposta pola eficacia, pola eficiencia e pola optimización de recursos que están ao servizo da seguridade de todos os homes e mulleres que traballan no mundo do mar.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



