Este luns 4 de agosto deu comezo en Mondoñedo o III Campus Musical “Ao Son da Banda”, organizado pola AABB (Asociación de Amigas e Amigas da Banda de Burela).
Uns 40 nenos e nenas desde os 10 aos 20 anos de idade, asistirán durante os cinco días de duración deste campus a clases de instrumento, música de cámara e banda, da man de profesores das distintas especialidades instrumentais: Manuel Montero (clarinete), Roberto Bouça (saxofón), Abel Riveira (trompeta), David Trastoy (bombardino), Isabel Diego Calviño (percusión) e Sara Maganizi (dirección musical).
O campus desenvólvese no Seminario de Mondoñedo, con saídas e visitas organizadas pola vila e o seu entorno próximo (piscina, río, zona vella…), reservando unha parte do día para o lecer, con distintas actividades lúdicas coordinas pola monitora de tempo libre Laura Seijas.
A AABB organiza por terceiro ano este campus de formación e lecer como unha forma de contribuír a dinamizar a Banda de Burela e ofrecer unha alternartiva de lecer a todas as persoas que integran a agrupación e estudantes de música en xeral, favorecendo que o contacto con outro profesorado e con novos compañeiros e compañeiras.
Concerto de clausura coa estrea mundial dunha obra italiana para banda baixo a dirección da mestra Sara Maganzini
O Campus “Ao Son da Banda” rematará este venres, 8 de agosto, cun concerto de clausura, que terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, ás 20:30 horas. A Banda de Música, baixo a dirección da italiana Sara Maganzini, interpretará repertorio orixinal para banda de distintos compositores itialianos de actualidade (Daniele Carnevali, Ennio Salvere, Michele Netti, Michele Mangani…), adaptacións para banda de obras do repertorio operístico (Nessum Dorma de G. Puccini) e a estrea mundial da obra Music is Fun de Antonio Rossi.



















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



