Ribadeo, 8 de agosto de 2014. O vindeiro sábado, 16 de agosto, celebrarase en Ribadeo a primeira carreira lúdico festiva O Rei do Adoquín. Trátase dunha iniciativa deportiva e cultural organizada polo Club R Fusión e a tenda Hola Ola, en colaboración co Concello de Ribadeo e Acisa. A carreira terá a súa saída ás 22:00 horas no bar Mariñeiro e recorrerá o casco vello. Os interesados poderán inscribirse de maneira gratuíta dende as 21:00 horas na propia saída e contarán cun posto de avituallamento no medio do recorrido. Haberá premios en forma de agasallos lúdicos para o primeiro e primeira en chegar, para o primeiro que pise a meta disfrazado, para o que o faga cun cativo e para o que apareza cun can.
Vicente Castro, concelleiro de Deportes de Ribadeo, describiu a iniciativa coma “novidosa, lúdica, cultural e incluso turística” e afirmou: “trátase dunha proba de promoción do casco vello de Ribadeo que ten ademais da faceta deportiva, unha parte lúdica. É unha proba corta que sae do bar Mariñeiro e acaba no Concello. Conta cuns 500 metros, aínda que ten a súa vertente dura por ser toda costa arriba. Ten a súa parte deportiva para quen a queira facer en plan de competir e gañar, e ten a súa parte lúdica para a xente que queira participar divertíndose, que supoño será a maioría”.
O edil explicou que “foi unha iniciativa que me presentaron dende Hola Ola e R Fusión. Pareceume unha idea moi boa e dende o Concello decidimos darlle para adiante. Por iso, convido a tódolos ribadenses e foráneos que nos visitan estes días a participar a partir das dez da noite do día de San Roque nesta carreira. Sabemos que é unha proba moi corta, que en media hora estará rematada, polo que tamén permite tomar uns viños e unhas cañas despois e ir de verbena. Hai tempo para todo”.
Dende a organización animan tamén a xente a participar. Ramón Cabodevila, responsable de R Fusión e organizador da carreira, recordou que “a idea nace despois dun adestramento de inverno do club polo casco vello. Decidimos usar a fisionomía do pobo coma fan en moitos outros lugares e quixemos aproveitar unha peculiaridade tan boa coma é que as rúas de Ribadeo conten con adoquíns”. David Martínez, propietario da tenda ribadense Hola Ola e co organizador engadiu que “queremos darlle valor a esta costa porque é moi importante para Ribadeo xa que era a porta á ría, ao mar e ao mundo e por ela subían todas as mercancías. Por iso queremos animar a toda a xente a que veña correr, gozar e coñecer esta zona tan fermosa de Ribadeo coma é o casco vello”.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



