A Federación Francesa de Fútbol está a desenvolver un Programa Integral de Formación de Fútbol Sala para técnicos e xogadores co fin establecer a base sobre a que este deporte se desenvolva e evolucione nun marco apropiado, con cursos específicos de Fútbol Sala para técnicos. Na actualidade o Programa atópase en fase de recopilación de información e a federación francesa elixiu como un dos puntos de interese ao CD Burela FS Pescados Rubén.
Ata a localidade mariñá desprazáronse o Seleccionador Sub21 de Fútbol Sala, Raphael Reynaud, e o Xefe da Delegación de Francia Sub21, Philippe Lafrique, que tamén exerce como Secretario das Comisións de Futsal de Francia. Os días 8 e 9 de agosto, observaron os adestramentos dos equipos bureleses de Primeira División e informáronse do funcionamento e estrutura do club burelés. O seleccionador francés, Raphael Reynaud, declarou que “estamos gratamente sorprendidos co CD Burela FS Pescados Rubén. Non coñeciamos o club e cando consultamos con Venancio López, seleccionador español, un club que resultase interesante para o noso proxecto aconsellounos o Burela Pescados Rubén e a verdade é que ao buscar Burela no mapa parecíanos incrible que un lugar tan pequeno contase cun club tan estructurado e con equipo masculino e feminino en Primeira División, ademai da base. España é unha referencia mundial neste deporte e para nós é moi importante coñecer o funcionamento do Fútbol Sala”.
Raphael Reynaud é o responsable na federación francesa de estudar os aspectos defensivos do Fútbol Sala e destacou que o seu proxecto “está pensado para que nun futuro próximo os clubs franceses de fútbol teñan nas súas escolas técnicos e equipos de Fútbol Sala. Consideramos que o Fútbol Sala en categorías de base é beneficioso para a formación de xogadores. Despois as calidades ou circunstancias determinarán si son xogadores de fútbol ou fútbol sala pero con iso conseguimos un dobre obxectivo. Potenciar o desenvolvemento adecuado do Fútbol Sala e complementar a formación de futuros xogadores de fútbol coa técnica e conceptos do Fútbol Sala”. Pola súa banda, o directivo do club burelés, Marcelino Luna, agradeceu a visita de expedición francesa e destacou “a importancia e o orgullo que supón para os mariñaos que o CD Burela FS Pescados Rubén sexa un referente nacional e internacional. Debemos ser conscientes que estamos nun escaparate global e que o deporte non coñece fronteiras”.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
