Lourenzá, 11 de agosto de 2014. O pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá correspondente a este mes de agosto celebrarase o xoves día 14 ás 12:30 horas. A portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane, explicou que esta sesión “tería que celebrarse o venres, pero xa que é día festivo os tres grupos que compoñemos a corporación acordamos celebralo o día inmediatamente anterior”.
Entre os asuntos a tratar están “a ratificación da resolución da Alcaldía para a aprobación da modificación do convenio de colaboración para a xestión compartida do servizo de mantemento de espazos naturais e plan de mobilidade sostible para Lourenzá e Trabada, que se aprobou no pleno do 16 de maio. Tamén se dará conta dos informes das facturas do segundo trimestre do 2014 e do informe do segundo trimestre de Secretaría e Intervención sobre o seguimento do plan de axuste. Temos tamén a dación de conta da execución do presuposto do segundo trimestre de 2014”, anunciou Lupe Flórez.
Outros temas que se abordarán na sesión son “un escrito da xefatura territorial de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar referente ao calendario laboral e a fixación das festas locais para o ano 2015; a aprobación da conta xeral do exercicio de 2013; e, por outra banda, en canto a propostas da Alcaldía e do equipo de goberno, temos unha referente á resolución do contrato administrativo de adxudicación da xestión da lonxa agraria de Lourenzá, na que trataremos que no prazo dun mes a deixe libre a empresa que ten a adxudicación na actualidade”.
A voceira do equipo de goberno engadiu que tamén figura na orde do día do pleno “a proposta da Alcaldía de modificación de dúas ordenanzas: por unha parte a da taxa pola prestación dos servizos das escolas deportivas municipais, na que non se van tocar os importes e basicamente do que se trata é de que a propia entidade que xestiona as escolas deportivas poida ter a posibilidade de cobrar os recibos que pagan os nenos polo servizo, xa que ata a actualidade este importe reembolsábaselles por parte do Concello e a modificación consiste en que a partir de agora se poidan cobrar eses recibos tanto no propio Concello como por parte da entidade que xestiona as escolas deportivas; e a outra ordenanza que vamos modificar é a do imposto de vehículos de tracción mecánica, para incluír unha exención para os vehículos de máis de 25 anos”.
Na sesión estudarase ademais “unha proposta da Alcaldía para aprobar unha ordenanza que regule as subvencións que no futuro se poidan outorgar dende o Concello de Lourenzá: está basicamente encamiñado a que se contemple nos presupostos do 2015 e naqueles casos nos que o Concello poida ter potestade para dar algunha axuda ou subvención que haxa unha ordenanza e unhas bases que regulen os termos en que estas subvencións, tanto por concorrencia competitiva como por adxudicación, van ser concedidas no noso Concello, xa que ata a data de hoxe non existe unha ordenanza neste tipo. E finalmente na orde do día figura unha moción que presenta o grupo municipal popular para instar á Subdelegación do Goberno a que aumente a presenza dos corpos e forzas de seguridade no noso concello, tendo en conta os últimos delitos que houbo nos pasados meses en Lourenzá, tanto nas parroquias rurais como na propia capitalidade do municipio. Queremos basicamente garantir a seguridade dos nosos veciños así como das súas propiedades: vivendas particulares, negocios, etcétera”, manifestou Flórez Seivane.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



