Últimos días para inscribirse no torneo de basket 3×3 que organiza a Peña Barcelonista San Miguel. O torneo será o próximo venres 15 de agosto, a partir das 10.30 horas no pavillón deportivo das escolas de San Miguel de Reinante (Lugo). O prazo para inscribirse remata este mércores 13 de agosto. Os interesados deberán chamar ó teléfono 625 821 044. A inscrición é totalmente gratuíta. O sistema de competición consistirá nunha primeira fase de liguiña, para posteriormente pasar ás eliminatorias e final. Poderán participar equipos masculinos, femininos e mixtos.
Últimos días de inscrición no torneo de basket 3×3 en San Miguel