A sección de atletismo estivo o sábado 9 de agosto disputando a prestixiosa popular dos Vllares en Guitiriz, con triunfo na mesma para Ainara Rodríguez nas categorías inferiores femininas e Nicolás Álvarez nas masculinas.
Enumeramos a continuación os resultados destacados:
PITUFOS FEMININO
– Henar Méndez. Prata
BENXAMÍN FEMININO ata 10 anos
– Diana Lastra. Prata
– Valeria Álvarez. Bronce
– Iria Rguez. 5ª Clasificada.
BENXAMÍN MASCULINO ata 10 anos
– Nicolás Álvarez. Ouro
– Ian Méndez. Bronce
– Samuel Debasa. 4º Clasificado
ALEVÍN E INFANTIL FEMININO. De 11 a 14 anos
– Ainara Rodríguez. Ouro
– Claudia Graña. Bronce
– Ainhoa López. 5ª Clasificada
Resultados dos adultos: 5 quilómetros. Participantes: 200
Destacar que os cadetes Aaron Rivas e Carmen López participaron na carreira absoluta, sendo os abanderados na entrada das categorías feminina e masculina do club.
| P.XEN | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | T.NETO | CLUB |
| 27 | AARON | RIVAS TERRON | 00:18:56 | 00:18:53 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 43 | MARCOS | RODRÍGUEZ DIAZ | 00:19:53 | 00:19:50 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 58 | JOSE MANUEL | ALVAREZ CARBAJALES | 00:21:04 | 00:21:00 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 66 | LUIS MANUEL | GRAÑA GONZALEZ | 00:21:20 | 00:21:16 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 88 | JUAN LUÍS | MENDEZ PAZ | 00:23:15 | 00:23:12 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 116 | CARMEN | LOPEZ DINIZ | 00:25:03 | 00:25:01 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 117 | LOLI | PIÑEIRO RODRIGUEZ | 00:25:06 | 00:25:03 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 125 | MARISA | ARES REIGOSA | 00:26:27 | 00:26:25 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 129 | JOSE | LOPEZ GAVIN | 00:27:23 | 00:27:14 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
