Ribadeo, 13 de agosto de 2014. Renfe acaba de enviarlle unha comunicación ao Concello na que di que o novo posible apeadoiro de Feve nas inmediacións da praia das Catedrais non é da súa responsabilidade, ten que ser Fomento quen o proxecte e despois a compañía ferroviaria podería programar servizos nel. Para o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, “isto é un exemplo máis de que senón hai coordinación entre as administracións todo queda en nada” e insiste na necesidade de tomar medidas urxentes para preservar ese espazo: “trátase dunha cuestión de sentido común, non dun capricho do alcalde”.
O rexedor sinalou este mércores que “desta xoia, deste monumento natural e desta marabilla da natureza, que afortunadamente temos aquí en Ribadeo e que está tan de actualidade e que todos os días, para ben ou para mal, se fala dela. Nós, desde o Concello, queremos que se fale sempre ben, pero hai veces nas que saen noticias coma as destes últimos días nas que vemos que hai xente que empeza a facer graffitis, a raiar as pedras e a escribir os seus nomes nas rochas de maneira indesexable e intolerable nese areal. Isto é un exemplo dos moitos que podemos poñer sistematicamente da necesidade da adopción de poñer en marcha medidas urxentes”.
Suárez Barcia dixo que “máis aló de poñer catro carteis informativos ou máis aló de que tres persoas, de moi boa fe, estean a explicar cando sobe e cando baixa a marea, faise necesario facer un plan estratéxico e declarar todo ese litoral como parque natural, tal e como vimos demandando desde hai anos, para que poidamos entre todas as administracións estar suxeitas, estar atadas por unha cuestión legal e non por unha cuestión de componenda política”.
O alcalde ribadense lembrou que “hai poucas semanas enviamos un escrito, que fixemos público, a Renfe pedindo unha das medidas que nos parecen importantes como era a construción dun apeadoiro nas inmediacións da praia das Catedrais, dado que a liña de Feve discorre paralelamente a ese areal desde hai 70 anos, pero non para alí. Si a 250 metros da praia se puidera facer un apeadoiro de Feve favoreceríamos moito o transporte público, poñeríamos en valor a liña de tren, que moitas veces está infrautilizada, e ao mesmo tempo reduciríamos a presenza dos vehículos privados, que tanto ateigan esa zona”.
O rexedor explica que “a contestación, moi educada, que facemos pública hoxe e que nos dan desde Renfe é que eles non teñen competencias para facer apeadoiros, eles só xestionan as cousas feitas. Isto é un exemplo máis de que se non hai coordinación entre administracións todos os esforzos, as boas ideas, sen compromisos legais e normativos que aten ás distintas administracións, todo queda en nada. A urxencia na adopción de medidas está máis que xustificada á vista da afluencia que, durante calquera día do ano e especialmente durante o verán, rexistra a praia das Catedrais. Pídolle e dígolle á Xunta que si o Concello tivese capacidade inmediata, que ninguén dubide que exercería absolutamente o control, a regulación, a limitación e a ordenación de toda esa contorna. Para que iso o faga o Concello debe ter aprobado o seu PXOM e logo debe desenvolver un plan especial que lle levará mais tempo, pero non podemos agardar tanto”.
Fernando Suárez subliñou que “a Xunta ten as competencias necesarias e a conselleira sabe de primeira man, polo que lle levamos dito desde Ribadeo, e non é unha cuestión caprichosa, nin de facerlle caso ao alcalde de Ribadeo, é unha cuestión de atender á necesidade, de sentido común, que requiren os miles e miles de persoas que visitan o areal e que non queren que se estrague e queren que siga vivo, útil e que siga a ser un reclamo turístico e xeolóxico durante mil anos máis”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



