Foz, 13 de agosto de 2014. A praia da Rapadoira, en Foz, acolleu este mércores un toneo de volei praia organizado pola área de Deportes da Deputación en colaboración co Club Voleibol Emevé. Dez parellas participaron nesta competición, que se disputou durante toda a tarde. As semifinais e a final xogouse ao mellor de tres sets, de 15 puntos cada un, resultando gañadora a parella Reigosa-Casas que se impuxo a Avendaño-Avendaño. Gumier-Barrena conquistaron a terceira posición por diante de De Pablo-De Pablo.
Un cento de persoas, de todas as idades, aprenderon a xogar ao volei praia dende comezos de mes nas dúas canchas instaladas no areal focense pola área de Deportes da Deputación, onde xogadoras e monitoras do Emevé ensinan a xogar ao volei praia a todas as persoas que se achegan por estas canchas. O volei praia, que ten calificación de deporte olímpico dende os últimos xogos de Pekín, gaña cada día máis adeptos e chega deste xeito ás praias da Mariña grazas á iniciativa da Vicepresidencia da Deputación.
A praia da Rapadoira acolle por terceiro ano esta actividade. As xogadoras e entrenadoras María Pena e Pino Chao son as encargadas de impartir as clases, que son totalmente gratuitas, na edición deste ano. As pistas están operativas todos os días, agás que faga mal tempo, en horario de mañán e de tarde (de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas).
Alternativa de ocio e fomento da práctica deportiva
Esta iniciativa forma parte do programa de actividades lúdicas de verán que se desenvolven en distintos puntos da provincia de Lugo organizadas pola Vicepresidencia da Deputación e nas que participan persoas de todas as idades de xeito totalmente gratuíto, co que se busca fomentar da práctica do deporte e do exercicio físico entre a poboación lucense.
Na súa visita esta tarde ás canchas ubicadas na Rapadoira, o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga apostou pola realización deste tipo de actividades na época estival “xa que supoñen unha alternativa de ocio e, ao mesmo tempo, introduce á cidadanía de xeito ameno na práctica deportiva para levar un estilo de vida saudábel”.
Ao mesmo tempo, esta iniciativa, realizada en colaboración co Clube Voleibol Emevé de Lugo busca “promocionar deportes minoritarios” como poden ser o voleibol e estender a súa práctica a lugares como a comarca da Mariña, onde non existe ningún clube ou equipo adicado a este deporte. “Noutras zonas da provincia, como Lugo ou Monforte existen clubes de voleibol importantes, pero na Mariña é un deporte bastante descoñecido”, afirmou Veiga.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
