Lugo, 8 de agosto de 2014. O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe publicadas as axudas da área de Deportes da Deputación a clubs deportivos e concellos da provincia para actividade deportiva anual, organización de eventos e competicións, así como para obras e equipamentos en instalacións deportivas. En total, destínanse 630.000 euros para a promoción do deporte na provincia de Lugo, dos que 500.000 van directamente a equipos e clubs deportivos e 130.000 van destinados a colaborar cos concellos. As axudas benefician a 200 clubs e asociacións deportivas lucenses e á totalidade dos concellos da provincia. A listaxe completa das axudas pode consultarse no seguinte enderezo do BOP: https://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_10503_1.pdf#PAGE=1
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Deportes, o nacionalista Antonio Veiga, destaca o esforzo realizado pola institución lucense a través destas axudas, “que chegan á totalidade do tecido deportivo da provincia e a todas as disciplinas deportivas, dende as que contan con máis practicantes, como o fútbol, o fútbol sala, o baloncesto ou o atletismo, a outras máis minoritairas, como tiro con arco, tenis de mesa, submarinismo, patinaxe, motociclismo, loita, equitación, bátminton, natación, ou deportes tradicionais como os bolos ou a billarda”. En total, son 50 as modalidades deportivas diferentes que reciben axuda.
Por contías económicas, as disciplinas que teñen máis practicantes e que reciben máis axudas son o fúlbol (140.000 euros), fútbol sala (40.000), atletismo (30.000), baloncesto (26.000), ciclismo (20.000), artes marciais (20.000) e piragüismo (15.000).
Antonio veiga explicou que, “pese á crise, mantemos as mesmas cantidades do ano pasado porque nin os clubs de base nin as persoas que practican deporte na provincia de Lugo non teñen culpa ningunha desta crise”. Só nos últimos tres anos, a Deputación de Lugo investiu máis de 9 millóns de euros en deporte na provincia de Lugo, explicou Veiga. “Non é casualidade que desde o ano 2008, coa nosa entrada no goberno, a Deputación de Lugo sexa das Deputacións do Estado que máis diñeiro inviste en deporte por habitante”, dixo. Veiga reafirmou que “con estas axudas democratizamos o deporte de base, todos os equipos e agrupacións deportivas da provincia poden beneficiarse destas axudas, tanto para a organización de actividades deportivas de natureza competitiva ou non competitiva e levar a cabo eventos deportivos. É fundamental que todas as persoas teñan acceso ao deporte independentemente da modalidade que sexa”, defendeu.
Obras en 17 campos de fútbol e 14 pavillóns deportivos de toda a provincia
No relativo ás axudas a Concellos, a área de Deportes da Deputación financia tanto actividades deportivas organizadas polas entidades locais como as escolas deportivas municipais ou as clases de ximnasia de mantemento ou de ximnasia para persoas maiores, como obras en instalacións municipais.
Neste ámbito, a Vicepresidencia da Deputación concede axudas para a realización de obras en 17 campos de fútbol de toda a provincia: Abadín (2.500 euros), Ribadeo (2.500 euros), A Pobra do Brollón (2.500 euros), Trabada (1.700 euros), Rábade (1.700 euros), Castroverde (1.600 euros), Sarria (1.500 euros), Guntín (1.400 euros), Monterroso (1.200 euros), Castro (1.200 euros), O Valadouro (1.200 euros), O Corgo (1.200 euros), Pantón (1.200 euros), Paradela (1.200 euros), Friol (1.200 euros), Lourenzá (1.200 euros) e O Incio (1.200 euros).
Asemade, a Vicepresidencia da Deputación tamén concede subvención para melloras en 14 pavillóns deportivos municipais: O Páramo (2.500 euros), Begonte (2.500 euros), Navia de Suarna (2.200 euros), O Saviñao (1.700 euros), Becerreá (1.700 euros), Quiroga (1.700 euros), A Fonsagrada (1.700 euros), Cospeito (1.500 euros), Palas (1.500), As Nogais (1.400 euros), Xermade (1.300 euros), Baralla (1.200 euros), Alfoz (1.200 euros) e Bóveda (1.200 euros).
Tamén se farán obras en 7 piscinas municipais: Monforte (2.500 euros), Antas de Ulla (1.700 euros), Meira (1.500 euros), Xove (1.300 euros), Cervo (1.200 euros), As Pedreiras de Lugo (1.200 euros) e Sober (1.200 euros). Asimesmo faránse melloras no patio do colexio de Portomarín (1.400 euros), no CEIP Mato Vizoso de Vilalba (1.000 euros), na pista de pádel da Poboa de San Xiao (1.700 euros), no Parque Biosaudable de Negueira de Muñiz (1.700 euros), na área fluvial de Ribas de Miño (1.400 euros) e no campo de bolos de Riotorto (2.500 euros).
Descenso dos eventos organizados polos clubs por culpa da crise
O número de solicitudes de axudas recibido este ano por parte de asociacións e clubs deportivos sitúase nunha cifra notablemente inferior á do ano pasado, 481 fronte ás 577 do ano pasado. Antonio Veiga achacou este descenso do 16% na actividade dos clubs deportivos da provincia á crise económica e dixo que “por iso é máis importante ca nunca que as institucións manteñamos a nosa aportación”. Puxo como exemplo o feito de que este ano haxa 30 solicitudes menos por parte dos clubs e asociacións deportivas para a realización de eventos deportivos nas distintas disciplinas deportivas, o que quere dicir que “hai 30 eventos deportivos que se viñan facendo e que este ano non se van facer porque os clubs non se animan a organizalos”, lamentou. “A Deputación mantén a mesma aportación que o ano pasado, o que quere dicir que os eventos que se seguen facendo (141 en total), recibirán máis cartos que o ano pasado”, explicou Antonio Veiga.
Baremos públicos e obxectivos
Antonio Veiga tamén explicou que todas estas axudas concedidas “son froito dun proceso aberto con total transparencia a todos os clubs de base e concellos da provincia” e que “todas as solicitudes presentadas que cumpren cos requisitos recollidos nesas bases publicadas no BOP teñen axuda en base á puntuación obtida por cada solicitude en función de criterios obxectivos”. “Desde o ano 2008 que nós estamos hai baremos obxectivos, públicos e transparentes, para a concesión de todas as axudas públicas das áreas de Cultura e Deportes; antes de que nós chegaramos non era así, polo que ningún clube da provincia se pode sentir maltratado por esta Deputación”, lembrou.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



