O Barqueiro, 21 de agosto de 2014.- Continúan as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que organiza a asociación Nordés.
Venres 22 de agosto
Nesta ocasión adicarase o día á guerrilla antifranquista en Galiza. Para ilo se contará coa presencia do historiador bercián Alejandro Rodríguez Gutiérrez quen, dende unha visión desmitificadora do que foi a guerrilla, falaranos dos conflictos internos na mesma, e a loita polo seu control entre o PCE e o resto de organizacións e individualidades non comunistas (libertarios e socialistas principalmente). Deste xeito, a súa conferencia levará por título: “O comezo do fin da resistencia armada. A loita polo control da guerrilla do Noroeste”. Destacar que aportará o devandito historiador datos novos colleitados nas súas pescudas nos arquivos do propio PCE.
Tamén se proxectará dentro do mesmo acto que, lembramos, comezará ás 20:30 no salón de actos da Casa do Concello de Mañón en O Barqueiro (Praza do Mesón s/n), o documental do ano “A cidade da selva”, con guión e dirección de Helena Villares e Pilar Faxil, e que, a través das testemuñas dos protagonistas, adéntranos na historia da guerrilla e os fuxidos arredor do refuxio que tiñan pola zona do Barco de Valdeorras e no que se celebraron tamén algúns dos chamados “Congresos da guerrilla” .
Para rematar, voltará Alejandro Rodríguez a tomala palabra para acercarnos a un feito máis próximo xeográficamente falando, a fuxida pola praia de A Abrela en O Vicedo no ano 1946 dun grupo de guerrilleiros a bordo do “Santa Teresa”, quenes conseguiron o seu obxectivo ó arribar a Francia.
Sábado 23 de agosto
O programa do día de remate das IV Xornadas abranxe todo o día e desenvólvese en distintos sitios da xeografía mañonesa.
Así, comezará ás 11 da mañá cun roteiro didáctico que ten como punto de encontro e partida a Escola restaurada da Unión Mañonesa, preto do Campo da Feira de Mañón. Dende alí, e baixo as indicacións de Bernardo Penabade, filólogo e nordesteiro, Diana M. Rodríguez, historiadora do arte e estudosa das escolas de indianos na bisbarra, e Sixto Gómez, filólogo e experto no asociacionismo da emigración na illa de Cuba, de dónde é él, farase un percorrido polas distintas escolas feitas coas aportacións dos integrantes da Unión Mañonesa, rematando a visita no local da Asociación de Veciños de Mañón, dónde Sixto Gómez falaranos sobre historia e situación actual da UM na cidade da Habana.
Para as 19:00 hras está previsto facer a 2ª homenaxe a republicanos e libertarios fronte o monolito da Ponte Vella de O Barqueiro, acto que non figura no programa e que se engadiu para darlle continuidade ó feito ó ano pasado nas anteriores xornadas.
Ás 20:00 hras, e xa no salón de actos da Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro, Praza do Mesón s/n) terá lugar a conferencia do historiador lucense Juan Carlos Salgado baixo o título: “Pescando en augas turbulentas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”, e que nos aproximará a feitos pasados nas Guerras Mundiais 1ª e 2ª que tiveron como protagonistas e víctimas a barcos galegos e ás súas tripulacións a máns dos barcos, avións e submariños dos bandos confrontados, e tamén feitos semellantes durante a Guerra Civil.
No Restaurante Relojes de O Barqueiro, a iso das dez da noite, servirase unha cea de Irmandade ó prezo de 15 € para a cal convén reservar chamando ó 653 756 454 (Ricardo) ou apontándose nos días previos en persoa.
E as IV Xornadas “Memoria dun tempo” pecharán,do mesmo xeito que a pasada edición, cun concerto a cargo do cantautor e músico de O Carballiño Andrés Rodríguez, que poñerá a nota lúdica ó tempo que reivindicativa cun repertorio de temas dos anos 60 e 70 baixo o fío común da súa importancia nas loitas antifranquistas e obreiras desas décadas, e que leva por título “Cancións para un tempo de loita. 2ª parte”.
Agradecendo a difusión e a atención, convidámolos a que se deixen caer polo concello de Mañón. De seguro gostarán do que temos preparado e do que a natureza tivo a ben darlle a ista parte de Galiza.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.