O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou este venres que a Deputación recibiu un total de 560 solicitudes para as axudas de 1,7 millóns de euros do plan en impulso do sector primario e do rural, “cifras que amosan o interese e o éxito da nosa programación”. Martínez avanzou que unha mesa de valoración, estritamente técnica, está a revisar cada unha das peticións co fin de resolver as subvencións á volta do verán.
A distribución das solicitudes é a seguinte:
– 129 para a recuperación de terras abandonadas. “Somos a primeira Deputación galega que ofrece este tipo de subvencións. Facémolo, tendo en conta que a superficie agraria abandonada en Galicia aumentou, na última década, en máis dun 66%, sobre todo na provincia de Lugo. Hoxe, o 80% do territorio galego está sen poñer a producir. Estas cifras amosan que proxectos como o Banco de Terras, ou non están funcionando axeitadamente, ou son insuficientes. Polo tanto, fan falla máis medidas coma estas axudas, coas que incentivar a posta en valor do territorio. Ademais, estas subvencións contribúen a previr incendios e a controlar a proliferación de fauna salvaxe, favorecendo unha axeitada ordenación do territorio”, salientou o voceiro.
A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir un máximo de 9.000 euros cada beneficiario: gandeiros e agricultores a título individual ou ben agrupacións, SAT ou personas xurídicas que teña titularidade de explotacións. Estes deberán ter a parcela a produción durante un período mínimo de dous anos. No caso de incumprir este requisito, perderán a axuda. Ademais, terán que xustificar, achegando a declaración da renda, que polo menos o 50% dos seus ingresos procede da actividade agropecuaria “co fin de conceder estas axudas a quen realmente vive, traballa e crea emprego no campo, todo o contrario que a PAC, pois, por culpa dos criterios de reparto, fixados polos Gobernos central e galego, prima a quen non vive no campo, nin do campo”, remarcou.
– 104 para traídas de auga, “un servizo básico e custoso, así como fundamental para a actividade agrogandeira, que moitos Concellos non teñen capacidade económica para garantilo”. Os destinatarios destas axudas son comunidades de montes ou de usuarios, así como asociacións de veciños. Nos criterios de valoración, priorizarase o número de usuarios que se dediquen á actividade agropecuaria co fin de axudar ó sector primario. Destas 104 solicitudes, 48 son para novas instalacións, sendo a axuda máxima de 30.000 euros; e 56 para melloras nas existentes, sendo o límite 10.000 euros.
– 327 para o acondicionamento de estruturas de uso comunitario. Por exemplo, arranxo de camiños, fontes, bebedeiros, depósitos de incendios, sistemas de regadío comunitario… “En definitiva, para o arranxo de instalacións que melloran a calidade de vida no campo e faciliten o seu traballo”. O máximo por beneficiario é de 12.000 euros.
“Recibidas as solicitudes ó longo dos dous últimos meses, unha mesa de valoración, estrictamente técnica, revisará unha por unha, comprobando o cumprimento dos requisitos, co fin de resolver estas axudas de 1,7 millóns de euros á volta do verán”, indicou.
Parque ambiental e biosaudable no Valadouro
A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación dos traballos de instalación e dotación dun parque ambiental e biosaudable no Valadouro. “Acordamos achegar a estas actuacións 66.600 euros, financiados nun 80% por fondos europeos do Lug02. Situarase na parroquia de Moucide, á carón do local social, e incluirá, ademais de aparellos para nenos, instalacións para o disfrute medioambiental deste espazo, con indicadores sobre a riqueza natural da zona. Con este parque ambiental e biosaudable, contribuímos a mellorar a calidade de vida no Valadouro, onde o 35% dos seus habitantes supera os 65 anos fronte ó 8% que ten menos de 16 anos”, explicou Martínez.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



