SANTIAGO .- Portos de Galicia, ampliará e optimizará instalacións electricas dos portos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Morás, Viveiro, Celeiro, O Vicedo na provincia de Lugo e os de O Barqueiro, Bares, Espasante, Cariño e Cedeira na de A Coruña. O orzamento base de licitación é de 2.019.512,06 euros e o prazo para a súa execución de 18 meses.
REFERENCIA
Portos de Galicia ampliará, mellorará e modernizará as instalacións electricas dos 13 portos da zona norte
*
A posta en marcha desta actuación suporá un investimento de máis de dous millóns de euros
*
Corresponden aos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Morás, Viveiro, Celeiro, O Vicedo na provincia de Lugo e os de O Barqueiro, Bares, Espasante, Cariño e Cedeira na de A Coruña
*
Preténdese ir eliminando os subministros externos dos diferentes concesionarios co fin de que, nun horizonte próximo, o único subministrador de enerxía eléctrica sexa o ente público
Santiago, 27 de xullo de 2009.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ampliará, mellorará e modernizará as redes eléctricas en todos os portos da Zona Norte. Os portos e peiraos que estarán afectados polas obras corresponden aos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Morás, Viveiro, Celeiro, O Vicedo na provincia de Lugo e os de O Barqueiro, Bares, Espasante, Cariño e Cedeira na de A Coruña. O orzamento base de licitación é de 2.019.512,06 euros e o prazo para a súa execución de 18 meses.
As actuacións a levar a cabo nos diferentes portos estarán divididas en dous grupos; actuacións en media tensión e actuacións en baixa tensión. As primeiras, refírense a instalacións a 20 kilovoltios, entre as que se inclúen liñas de media tensión, centros de secionamento ou reparto e centros de transformación de media a baixa tensión. As segundas refírense a instalacións de ata 400 voltios, entre as que se inclúen redes de distribución, cadros de medida, cadros de proteccións e servizo, e instalacións de alumeado público. En ambos casos inclúense as obras auxiliares de albanelería, apertura e peche de gabias, preparación e acondicionado de terreos e incluso pequenas obras de embelecemento. Sinalar que as actuacións en media tensión realízanse exclusivamente no porto de Cariño. Esta actuación é consecuencia da necesidade de corrixir as deficiencias detectadas nestas instalacións.
Con esta medida Portos de Galicia pretende ir eliminando os subministros externos aos establecementos e instalacións dos diferentes concesionarios, implantados nos recintos portuarios, co fin de que, nun horizonte próximo, o único subministrador de enerxía eléctrica sexa o propio ente público, a través das súas redes, e a partires dos puntos de conexión coa distribuidora de cada zona.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



