Cervo, 5 de setembro de 2014-A piscina olímpica municipal de Lieiro abriu de novo esta semana despois de manterse pechada durante o mes de agosto. Un tempo no que o Concello aproveitou para realizar diferentes obras de mellora no vaso, mentres o resto de servizos, como a sauna e o ximnasio, seguían funcionando. Unha das actuacións foi a reparación das baldosas de mosaico para que a piscina teña unhas paredes e unha superficie uniforme.
Ademais, ao longo destes días vanse acometer unha serie de melloras nas portas da instalación, e tamén se vai colocar unha porta de vaivén no corredor da piscina para evitar movementos de aire.
Ao mesmo tempo, o Concello informa do horario da instalación, que permanece aberta durante todo o día, de luns a venres de 9 a 22 horas e os sábados de 10 a 15 e de 18 a 21 horas.
Inscrición nos cursos
Ao mesmo tempo a Concellería de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición nos cursos para bebés, aquagim, cursos para nenos e nenas dentro da Escola Municipal Infantil de Natación, e iniciación e perfeccionamento para adultos. Un trámite que se pode realizar na propia piscina de Lieiro.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



