Lugo, 11 de setembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, sinalou este xoves que o desenvolvemento económico da provincia está ligado “ao aproveitamento sostible do medio ambiente”. Así o expuxo durante a presentación do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde, que se celebrará en Lugo entre os días 13 e 16 de outubro.
Arias apuntou que “a explotación sustentable dos recursos naturais” é o factor diferenciador que pode dar impulso á nosa economía, “non so pola nosa dependencia dos produtos do agro e forestais senón tamén pola riqueza paisaxística que favorece o turismo e que todos nos esmeramos en preservar”, afirmou.
Acompañada polo organizador do congreso, Francisco Peña; o alcalde, José López Orozco, e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, a delegada subliñou a importancia deste evento “para un territorio como o noso, xa que facer repaso do estado da saúde ambiental dunha maneira periódica é fundamental para non desviarse do camiño correcto e para coñecer o potencial de actividades ligadas ao medio natural capaces de producir emprego, renta, saúde e benestar na poboación”.
O congreso terá lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta e contará coa participación dunha trintena de expertos. A conferencia inaugural correrá a cargo de Federico Mayor Zaragoza, director xeral da Unesco durante 12 anos e presidente da Fundación Cultura de Paz.
En paralelo ao congreso desenvolverase o LIV Curso de Saúde Ambiental. Ambos proxectos forman parte do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014 e contan xa cunha longa traxectoria. Así, polas aulas destes cursos –que se celebran de xeito itinerante polos municipios galegos- levan pasado preto de 1.400 estudantes e profesionais, converténdose nun referente para ambientalistas de toda España e do norte de Portugal.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



