O conxunto barreirense enfrontouse a pasada fin de semana a cinco equipos asturianos diferentes.
O pasado sábado, o equipo dirixido por Toni Novo recibiu no Pavillón Municipal de Barreiros ó Cinco As FS, un conxunto da Terceira División ós que os barreirenses conseguiron derrotar por 5 goles a 2.
O domingo o Praias de Barreiros desprazábase ata a localidade asturiana de Boal para disputar un torneo para equipos federados baixo un formato de partidos de 25 minutos. Os barreirenses debutaron no torneo ante o equipo anfitrión, o FS Boal, que se impuxo por 2 goles a 0 nun bo partido dos mariñáns. O segundo encontro rematou con idéntico resultado, de novo un 2-0, a favor de La Sienda FS de Cangas de Narcea.
A primeira vitoria do Praias de Barreiros no torneo de Boal foi ante o Coaña FS. Os barreiresenses impuxéronse por un contundente 4-0. Os lucenses remataron a súa actuación no torneo cunha nova vitoria, neste caso, por 2 goles a 1 ante El Franco FS.
O equipo barreirense amosou unhas boas sensacións a pesar de chegar ós encontros amigables con moitas sesións de adestramento e con cansanzo acumulado.
Axenda
Esta semana o Praias de Barreiros volverá a medirse ó CD Cubelas FS. Será o próximo xoves 18 de setembro ás 21.30 horas no Pavillón Municipal de Barreiros. No primeiro enfrontamento de pretemporada o resultado final foi de empate a tres goles.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
