Lourenzá, 21 de setembro de 2014. Vidal Martinez Sierra mentiu descaradamente onte ante os medios de comunicación e ante os veciños de Lourenzá ao afirmar textualmente: “….colaboración que se efectúa dun xeito exemplar, sen que se perciba por parte da arquitecta ningún tipo de contraprestación económica”, cando o certo é que o BNG sabe (adxuntamos copia dos arquivos que así o demostran) que a arquitecta recibiu da orde de 12.000€ máis IVE en como mínimo dúas certificacións do concello en concepto de: “certificación de redacción de proxecto e honorarios de dirección de obra”, textualmente. Entendemos que estas mentiras feacentes poderían tamén constituir outro delito.
Ao mesmo tempo consideran os nacionalistas laurentinos que o deputado Sr. Martinez Sierra volve a mentir, cousa xa habitual, cando afirma que a contratación de Maite Vidal se fixo textualmente: “ atendendo a criterios exclusivamente técnicos e profesionais”, xa que logo el mesmo recoñece que a técnico, Maite Vidal, filla do Tte. de alcalde Dino Vidal incorporou despois de facelo dito proxecto ao seu proxecto fin de Máster o cal indica que Maite Vidal ainda non tiña rematada a súa especialidade cando rematou o proxecto que é o mesmo que dicer que o proxecto municipal da remodelación do Pazo de Tovar, recordemos un BIC, foi feita por unha estudante.
Consideran os nacionalistas que nin Lourenzá se merece a un concelleiro mentireiro así como tampouco Galiza se merece a un parlamentario mentireiro e deste xeito esixen a súa dimisión dos dous cargos por estes feitos, pois como queda demostrado mentiu sen ningún reparo.
Do mesmo xeito o BNG de Lourenzá pide ao ex-alcalde e á actual alcaldesa que non usen o Pazo de Tovar como recen das súas cacicadas e irregularidades, pois como onte quedou demostrado usan o Pazo de Tovar como escudo e arma arroxadiza. Compre recordar que o BNG apoia a actividade levada a cabo polo Pazo de Tovar como demostra a través da área de cultura da Deputación Provincial que é comandada polo BNG, pero isto non impide segundo os nacionalistas laurentinos que se poida estar en desacordo coa xestión do proxecto municipal, no plano técnico, non no cultural.
O BNG de Lourenzá quixo lembrar unha vez máis a dubidosa legalidade da contratación, feito certificado pola alcaldía en documento asinado entregado ao BNG que derivou na apertura deste expediente, por este motivo os nacionalistas laurentinos voltaron a pedir a dimisión do Tte. de alcalde Dino Vidal e máis a do anterior alcalde, o Sr. Vidal Martínez Sierra por asignar contratos a dedo a familiares directos de membros do PP local sen ningún tipo de proceso nin base reguladora. Debido a estes feitos o BNG de Lourenzá esixiu unha vez máis da actual rexedora a Sra. Émma Álvarez Chao iniciar as accións pertinentes perante a xustiza para reparar unha ilegalidade ou inmoralidade que ela mesma certificou.
Indicios claros de prevaricación. Feitos probados nas Xuntas de Goberno.
Froito do traballo desenvolvido polo BNG en Lourenzá no referente a este caso para a búsqueda de responsábeis políticos o BNG tamén acusou á alcaldesa Émma Álvarez Chao e ao Tte. de alcalde Dino Vidal de cometer o que os nacionalistas consideran un caso claro prevaricación administrativa ao permitir que o Tte. de alcalde, Dino Vidal votara para aprobar os honorarios da súa propia filla durante unha xuntanza da Xunta de Goberno Local o 19 de abril de 2013, pois segundo a mesma alcaldía certificou posteriormente, os gastos derivados da redacción do proxecto estaban incluídos no orzamento total da obra, co que queda suficientemente demostrado entón que o Sr. Dino Vidal estaba a votar a aprobación dos honorarios da súa filla coa connivencia da alcaldesa Émma Álvarez Chao, posto que ela era a presidenta da Xunta de Goberno Local.
A alcaldía tomou parte e era consciente da irregularidade do proceso.
Polo tanto e debido a todos estes feitos o BNG esixe como non podía ser doutro xeito a dimisión da alcaldesa Émma Álvarez, ao considerar tan responsábel á actual equipa de goberno como á anterior de confabular para “enchufar” á filla do Tte. de alcalde o Sr. Dino Vidal nos proxectos municipais.
Os implicados poderían ter que facer fronte a duras penas en caso de se probar os feitos.
Dende o BNG de Lourenzá fixeron fincapé na dureza destas acusacións que en caso de seren probadas e ao entender dos nacionalistas hai datos suficientes para elo, poderían acarear penas de considerábel magnitude, como inhabilitación para cargo público de ate 10 anos nalgúns casos e penas de multa de tres a oito meses con suspensión de e,prego e cargo público.


















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



