A Deputación abriu este luns o prazo de inscrición das novas 50 bolsas Leonardo da Vinci, que se poden solicitar ata o 7 de outubro. Están dirixidas a lucenses menores de 35 anos, con titulacións relacionadas coa agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. O modelo de inscrición e a información detallada sobre as becas atópase publicada en www.deputacionlugo.gal.
O obxectivo das Leonardo da Vinci é mellorar a formación dos participantes, con prácticas en prestixiosas empresas de Europa, para facilitar a súa inserción laboral de volta no país. Teñen unha duración de 3 meses e medio. Nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán cursos de idiomas. Durante 3 meses, farán prácticas en recoñecidas entidades, vinculadas coas súas profesións, de países como Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros. Durante todo o proceso, contarán cun titor, que fará un seguimento continuado da súa formación.
As becas son a custe cero para os mozos grazas ós fondos europeos que captou o organismo provincial. Están dotadas de 231.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea e nun 30% con fondos propios da Deputación, que asuma os gastos de desprazamento, aloxamento, manutención, transporte local e de cursos de idiomas.
A previsión é resolver as bolsas de emprego antes de finalizar o ano para que os mozos comecen as prácticas a comezos do 2015.
Con esta nova convocatoria, xa son 310 as bolsas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia nos últimos tres anos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



