Ribadeo, 23 de setembro de 2014. A conta xeral do exercicio de 2013 arroxou un resultado positivo de 874.000 euros. Este será un dos asuntos que se aborden no pleno ordinario previsto para o vindeiro xoves, 25 de setembro, ás oito da tarde. Na sesión tamén se analizará a adquisición dos terreos necesarios para prolongar o paseo de As Aceas ata conectalo coa antiga ruta do tren mineiro, segundo subliñou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “neste pleno ordinario que temos convocado para o xoves, a verdade é que van numerosos puntos de importancia para o Concello. Por destacar algúns, aínda que todos son importantes, consideramos relativamente salientable o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Trataremos de aprobar os cambios que segundo a orde da Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta hai unhas semanas nos enviaron para dicir o que tíñamos que corrixir. Agora démoslle cumprimento a iso e esperamos que o proceso siga o seu trámite para unha aprobación canto antes do PXOM”.
Outro dos asuntos que se someterán a aprobación é o compromiso de adquisición dos terreos necesarios na continuación do muíño de mareas de As Aceas para o desenvolvemento do proxecto incluído no programa LIFE de substitución de especies exóticas por autóctonas. Suárez Barcia dixo que “aproveitando un programa europeo que existe entre diferentes estamentos asturianos e galegos, queremos tratar de actuar nas marxes das rías ou dos ríos. Nós queríamos ter un compromiso dende o Concello de Ribadeo para adquirir unha serie de terreos a continuación do muíño de mareas de As Aceas. Este paseo fíxose fai catro ou cinco anos e está a dar un bo funcionamento tanto dende o punto de vista turístico, como de ocio e lecer para o paseo dos veciños e veciñas deste concello”. E engadiu que “por iso a nosa intención é adquirir unha lonxitude aproximada duns 600 metros nunha tira de terreo situada entre a N-642 e a ría de Ribadeo, para conseguir prolongar ese paseo actual ata conectalo coa antiga ruta do tren mineiro. Penso que dende o punto de vista turístico e ao mesmo tempo de eliminar toda esta vexetación de eucaliptos por outra de frondosa autóctona sería moi importante para Ribadeo”.
No pleno do vindeiro xoves tamén se analizará conta xeral do exercicio de 2013, que se pechou cun resultado positivo de 874.000 euros. O alcalde indicou que “o 2013, o exercicio pasado, arroxou un saldo positivo de 874.000 euros. É dicir, que unha vez cumpridas todas as obrigas recibidas, quedou un resultado orzamentario positivo de 874.000 euros. E ao mesmo tempo agora hai unha nova obriga recollida na Lei de Facendas Locais para que se dea conta dos reparos que formula a intervención municipal, que son algo normal aínda que non deberan selo xa que dentro dunha administración hai cousas que se sabe que están mal, pero que son moi difíciles de solucionar. Aínda que dende logo, dende o Concello estamos a traballar para reducilas”.
Fernando Suárez sinalou que “tamén dentro deste pleno outro dos puntos tratados van ser os criterios para pagar a produtividade aos traballadores municipais, que sendo un dereito, non existían uns criterios claros e o interventor por ser estes criterios moi antigos aos existentes, reparábaos por non axustarse a dereito. Polo tanto, agora vai unha proposta a pleno que si se axusta á legalidade vixente. E ao mesmo tempo, conseguimos regularizar determinadas situacións que antes, tal e coma informa o interventor, tiñan reparos. Este é o caso de todo o que ten que ver coas axudas de emerxencia. Licitáronse moitos contratos que se atopaban vencidos e o interventor polo tanto, mentres que non estean resoltos estes asuntos ten que formular os seus reparos nos seus informes. E nós, temos que intentar cumprir coma estamos cumprindo e cada vez tendo menos”.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



