Lugo, 25 de setembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular manifestou este mércores en comisión informativa a súa abstención á proposta do equipo de goberno sobre a aprobación da Conta Xeral do Orzamento correspondente ao ano 2013.
O informe, segundo explican os populares, evidencia que os socialistas e nacionalistas da administración provincial deixaron sen executar durante 2013 preto de 60 millóns de euros (57.172.553 euros).
O estado definitivo dos presupostos de gastos prevía créditos por 139.943.000 euros, mentres que as contas desprenden unhas obrigacións recoñecidas por importe de 82.770.447 euros. Polo tanto, o 41% do presuposto de gastos “non se rendibiliza”.
Deficiente xestión económica
Deste xeito, os populares na Deputación de Lugo alertan dunha “deficiente xestión económica, que implica un insulto en momentos de imperiosa necesidade coma o é o actual”.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular reproban, a maiores, que este baixo grao de execución se está a dar por parte da Deputación, cando a administración provincial está a incumprir as súas obrigacións de financiamento dos servizos sociais municipais básicos, entre outras.
Aprazamento do gasto de cara ás municipais
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular explican, a maiores, que este “presunto aforro” do que presumen socialistas e nacionalistas na Deputación de Lugo durante 2013 consiste “realmente nun aprazamento do gasto ata as eleccións municipais”.
Neste senso, os populares explican que esta situación evidénciase nas modificacións de crédito que veñen de aprobar en xullo de 2014, con cargo a remanentes de tesourería do 2013.
Indicadores
Os populares tamén recordaron os datos que se extraen da comparativa entre os indicadores da Conta Xeral de 2007 e os da de 2013, e que demostran que o endebedamento da administración provincial se multiplicou por catro durante o goberno de socialistas e nacionalistas na Deputación de Lugo.
Tanto é así que a débeda por habitante pasou de 30,31 euros en 2007 a 114,80 euros por lucense no 2013. Polo tanto, a xestión de José Ramón Gómez Besteiro no ente provincial en coalición co BNG supuxo “máis débeda e menos cartos” xa que tamén se reduciron dende 2007 a 2013 en preto de 30 millóns de euros os fondos líquidos.
E todo isto dáse, segundo lembraron os populares, pese que a socialistas e nacionalistas están a gobernar de costas ao 64% dos concellos da provincia de Lugo.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



