Ante a dimisión da directiva do instituto Vilar Ponte, tras coñecer que a Consellería de Cul-tura, Educación e Ordenación Universitaria deixaría sen cubrir unha praza de profesor de Lingua Castelá, a alcaldesa de Viveiro, a socialistas María Loureiro, manifestar “o meu apoio ao antigo equipo directivo pola decisión tomada, un decisión que, en todo caso, é mostra inequívoca do seu compromiso coa educación, co profesorado e co alumnado, unha mostra de responsabilidade elo-xiable”.
Ademais, critica que “esta actuación da consellería é un exemplo máis da política que está a desenvolver o Partido Popular en todos os ámbitos, baseada nos recortes dos piares fundamen-tais da sociedade, sen valorar as súas consecuencias; considero que é inaceptable que a estas alturas do curso educativo se comunique unha decisión contraria ás previsións existentes, máis aínda tendo en conta que neste curso xa se deixaran sen cubrir outras prazas; obrigando a modi-ficar os horarios elaborados e afectando, incluso, ao desenvolvemento doutras actividades educa-tivas, como as visitas ao laboratorio ou a atención da biblioteca; considero, así mesmo, intolerable que a alternativa proposta pola consellería sexa aumentar a ratio das aulas, unha proposta que merma indiscutiblemente a calidade da educación e que converte a alumnos e profesores nos grandes prexudicados dunha forma de facer política deplorable”.
Finalmente, reitera “no meu nome propio e en nome do equipo do goberno quero ofrecer ao centro educativo o noso apoio e colaboración, quedando dispostos a participar en calquera acción encamiñada a reclamar, ante a administración autonómica, que recapacite, que cubra a praza referida e que cumpra, deste xeito, o cupo que a propia consellería establecera para o centro”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



