Burela, 25 de setembro de 2014. A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, Diana Durán visitou este mércores o Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (CRI), en Santiago de Compostela. A edil popular foi acompañada de profesionais dos Servizos Sociais Municipais, do Centro de Información ás Mulleres e da asociación Mulleres en Igualdade e indicou que “a finalidade da visita ao CRI por parte deste persoal foi establecer os protocolos de coordinación entre os distintos servizos para coñecer en cada momento cal é a función exacta de cada un deles e que papel xoga cada profesional ante unha situación de violencia de xénero en relación ao CRI, coa finalidade de evitar duplicidade de documentos, informes e intervencións que afecten á vítima de violencia de xénero de forma negativa”. Diana Durán explicou que “do que se trata é que esta coordinación quede perfectamente deseñada para simplificar os trámites que lle son requiridos á muller vítima de violencia machista, quedar rexistradas as nosas actuacións e programas no CRI dirixidas a estas mulleres con características específicas así como para poder prestar atención a outras mulleres que así o precisen, evitando desprazamentos innecesarios a este colectivo”.
A concelleira de Muller e Igualdade agradece “ao CRI e á propia Secretaría Xeral de Igualdade esta xuntanza que redundará nunha maior calidade de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero”. E lembra que “o CRI ten por finalidade desenvolver un modelo de atención integral para as mulleres vítimas de violencia de xénero e ás persoas delas dependentes, especialmente aos seus fillos e fillas menores”.
O CRI é un servizo adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e realiza actuacións como: centro de referencia e coordinador da rede galega de acollemento; centro tramitador das derivacións de vítimas de violencia de xénero fóra de Galicia e receptor das que chegue á nosa comunidade derivadas desde outras partes do Estado; centro de formación na loita contra a violencia de xénero, tanto para profesionais, como para o voluntariado e a cidadanía en xeral; centro colaborador co punto de coordinación das ordes de protección de Galicia; e centro impulsor da creación de grupos de autoaxuda, intervención e coñecemento entre mulleres que teñan sufrido, vivido e superado situacións de violencia de xénero”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



