O vindeiro xoves, 2 de outubro, o Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo convoca aos socios a unha asemblea que terá lugar, ás 20.45 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 en segunda, nos salóns da sociedade. A orde do día que se tratará é a seguinte Informe do estado actual da asociación; Cambio de estatutos; Aprobación do regulamento de entrada de socios; Cambios na xunta directiva; Aprobación da constitución do comité asesor de actividades; e rogos e preguntas. Prégase a maior asistencia posible pola importancia dos asuntos que se tratarán.
Asemblea do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo
Asemblea do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo
Relacionado
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz