Lugo, 1 de outubro de 2014. A sala de exposicións do pazo de San Marcos acolleu este martes a presentación da Feira das San Lucas de Mondoñedo, que se celebrarán na cidade episcopal entre o 16 e o 20 de outubro e coas que volve colaborar a vicepresidencia da Deputación. Na posta de longo da nova edición das feiras máis antigas de Galiza participaron o vicepresidente do organismo provincial, Antonio Veiga; o alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz; o presidente da comisión de festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana; e a tenente de alcalde mindoniense, Esperanza González.
Antonio Veiga destacou na súa intervención que “nas Feiras e Festas das San Lucas, que son as máis antigas da Galiza, poderemos gozar da tradición e da modernidade, e dun programa excelente de catro días que vai congregar a moitísimos mariñáns e xente chegada de todos os lugares. Desde a área de Cultura da Deputación colaboramos, como non podía ser doutro xeito e como facemos con tantas outras, cunhas festas moi arraigadas na nosa tradición para que un ano máis sigan promovendo os nosos valores culturais e tradicionais, e tamén sirvan de motor económico”, salientou o vicepresidente.
Pola súa banda, o presidente da comisión, Miguel Souto, explicou que a As San Lucas acadan a súa 858 edición manténdose no século XXI fieis á tradición e tentando ser “unha aposta pola dinamización cultural, económica e social de Mondoñedo e a provincia”, subliñou. Igualmente, puntualizou que se marcan o obxectivo de que “Mondoñedo volva ser o 18 de outubro esa capital que foi no antigo reino de Galiza, e queremos que os galegos e galegas se sintan orgullosos de ter unha das feiras máis antigas de Europa, que as disfruten e as sintan súas”, concluíu.
Programa variado
A comisión preparou un programa con múltiples actividades, pero nas que o mercado cabalar segue tendo un papel preponderante. As festas arrincarán oficialmente o xoves, día 16, co pregón, que nesta ocasión correrá a cargo do mindoniense Antón Meilán García, un estudioso do Mariscal Pardo de Cela, sobre o que escribiu as obras O Mito do Mariscal Pedro Pardo de Cela e O último ano do Mariscal Pedro Pardo de Celta: O cerco e a traizón da Frouxeira”. Por isto, a ofrenda floral a persoeiros ilustres da cidade episcopal farase ante a tumba do Mariscal na Catedral de Mondoñedo.
O sábado 18 celebrarase o Día Grande, cos cabalos como principais protagonistas. Na feira cabalar e nos concurso de andadura, trotóns e pura raza galega repartiranse 7.000 euros en premios. Ese día tamén terá lugar a actuación estelar das festas deste ano, a cargo de Kepa Junkera. A entrada será de balde. A comisión botou man das mellores orquestras do país, polo que pasarán pola Alameda a Parías de Noia, a Nova Generación, Claxxon, Fania, Filadelfia, Palladium, Marbella, Tekila. O cartel desta edición é obra do artista mindoniense Xosé Vizoso.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



