Ribadeo, 1 de outubro de 2014. O Concello amplía o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno ata o vindeiro 8 de outubro.
Segundo informa a Concellaría de Deportes “amplíase durante unha semana ese período para que tod@s interesad@s poidan anotarse e pagar a cota correspondente”. Ata o momento son 455 os rapaces e as rapazas inscritos nas once modalidades ofertadas: fútbol, fútbol sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, pádel, karate, atletismo e tenis de mesa. As escolas deportivas municipais de inverno están destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2010, ambos incluídos.
Desde a Concellaría de Deportes lembran que existen axudas para o pago total ou parcial da matrícula destinadas ás familias que se atopen en situacións económicas desfavorables. A cota por escola é de 60 euros. O pago da taxa deberá efectuarse na conta do Concello de Ribadeo en Caixa Rural ata o 17 de outubro, indicando no concepto “matrícula escola deportiva”. E o resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso implicará a baixa na/s escola/s.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



