A Mariña, 2 de setembro de 2014. O concelleiro e portavoz municipal do BNG escusou a súa ausencia no pleno extraordinario celebrado na mañá deste xoves para tratar as presuntas irregularidades na contratación do proxecto e dirección de obra por parte do goberno local no “Museo e Centro de interpretación da cultura dos Pazos Galegos”. O nacionalista deixou claro o seu máximo interese en asistir a este pleno, “máxime cando foi o BNG quen destapou estas irregularidades, pero despois de 16 meses en situación de desemprego si se atopa traballo este non se pode poñer en risco”. Neste sentido criticou a hora da convocatoria – 12 da mañá dun día laborábel – “porque da a sensación de que a intención do goberno local foi dificultar a asistencia a aquelas persoas que non vivimos da política nin temos as mesma facilidade que os familiares do grupo de goberno para atopar traballo”.
César Docampo criticou a data e horario do pleno extraordinario “que non buscaba outra cousa que evitar o debate sobre un asunto tan grave como é o aproveitamento da institución municipal para beneficio persoal da familia dun membro do equipo de goberno, ademais de por en cuestión a fiabilidade dun goberno municipal que converteu unha actuación de interese como a creación no Pazo de Tovar do Museo e Centro de interpretación da cultura dos Pazos Galegos nunha lousa que hipoteca a facenda municipal”
O nacionalista acusou ao goberno local de “converter a xestión municipal nunha loita de poder entre quen estivo antes e quen está agora á fronte da alcaldía”, reafirmouse en que “é evidente que serán as veciñas e veciños de Lourenzá quen pagan as consecuencias dunha mala xestión que, de momento, xa lles fixo perder 98.000 euros da subvención anulada por AGADER por incumprimentos das condicións de concesión”
Docampo, anunciou que o “culebrón de verán” non rematou e aínda quedan episodios por editar que colocan en moi mal lugar tanto ao anterior alcalde e actual parlamentario, Vidal Martínez Sierra, como á actual alcaldesa e o Tte. de Alcalde e insistiu en que, coa documentación que existe na actualidade por decencia política algún deles xa debera ter presentado a súa dimisión.
O concelleiro ademais de escusar a súa ausencia do pleno por motivos laborais, “16 meses no paro non me permiten perder un día da traballo polo perigo de perdelo, o meu caso non é o dos familiares do grupo de goberno a quen se lles busca emprego aínda saltándose a legalidade en materia de contratación pública”, en alusión ao contrato da filla do Tte. de Alcalde contratada a dedo e sen que mediara proceso público de contratación para redactar e dirixir a obra no “Museo e Centro de interpretación da cultura dos Pazos Galegos”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



