A XXIV Festa da Faba de Lourenzá, un evento gastronómico declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, arranca este venres cun programa repleto de actos que se iniciará coa lectura do pregón por parte do historiador Andrés González Paz ás oito do serán no salón de actos do Concello.
O mesmo venres xa se poderán degustar as máis de 20 tapas gratuítas elaboradas polos establecementos hostaleiros laurentinos para esta edición. As actividades continuarán durante toda a fin de semana coa venda de fabas e produtos artesanais e a celebración de diferentes actuacións musicais e lúdicas dirixidas a tódolos públicos.
Emma Álvarez Chao, alcaldesa de Lourenzá, avanzou que “xa está todo preparado para arrancar coa XXIV Festa da Faba. No noso concello xa hai ambiente de festa e mesmo os visitantes que veñan mañá aquí xa poderán degustar de balde a Faba de Lourenzá cociñada de máis de 20 maneiras diferentes nos distintos establecementos hostaleiros da vila. Tamén poderán oír, mañá pola tarde, o pregón da festa que estará a cargo de Carlos Andrés González Paz, historiador e veciño Alfoz que colaborou co concello en distintas actividades”.
A responsable municipal recordou que “o programa para o sábado e o domingo é moi completo. Degustación, venta de fabas, venta de artesanía, actuacións musicais, carreira popular, obradoiros… Estas son algunhas das actividades lúdico festivas que temos preparadas para estes días, actividades que non serían o que son sen o traballo altruísta dos operarios municipais que non poñen reparo ningún en ter que traballar precisamente nunha fin de semana na que o resto de veciños están de festa. Por iso grazas a todos eles pola colaboración desinteresada que teñen co Concello para facer realidade esta festa de promoción da faba de Lourenzá, na cal esperamos superar o número de asistentes de anos anteriores”.
A alcaldesa laurentina espera que “este ano sexan máis de 5.000 as persoas que acudan a Lourenzá a degustar a nosa faba e a mercala nos distintos postos dos fabeiros. Animamos a todos os que queiran pasar con nós estes dous días a acercarse por Lourenzá xa que aquí serán ben recibidos, tanto polos empregados do Concello como polos veciños, que participan de xeito moi activo nesta festa”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



