Foz, 3 de outubro de 2014. O Concello de Foz está a impartir estes días un curso de socorrismo dirixido a persoas que queiran obter o certificado de profesionalidade Nivel 2, necesario para exercer como socorristas en espazos acuáticos naturais a partir de 2017. O curso estase desenvolvendo grazas a unha subvención de 35.000 euros, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. No programa desta actividade ofértanse un total de 430 horas de formación especializada, repartidas en clases teóricas e prácticas, que se están levando a cabo na Aula de Formación e na piscina municipal do concello focense.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou: “hoxe pola mañá acercámonos a visitar aos alumnos que están a facer o curso que está impartindo o Concello, grazas ó financiamento da Consellería de Traballo. O curso dará o certificado de profesionalidade Nivel 2 de Socorrismo para Espazos Acuáticos Naturais e estase impartindo nas aulas da nave de formación do concello de Foz. Ademais, estanse realizando horas prácticas na piscina municipal. En total son máis de 430 as horas lectivas que estes alumnos van a desenrolar nestes próximos meses, antes de que remate o ano”.
O responsable municipal engadiu que “este é un curso interesantísimo, dos poucos que se están facendo en Galicia, e que permite ademais obter o certificado de profesionalidade Nivel 2 que a partir do ano 2017 será o único título posible para poder exercer coma socorrista en espazos acuáticos naturais. É ben certo que había unha necesidade na Mariña de titulados neste sentido para exercer como socorristas nas praias e é importante ir formándoos para non ter esas deficiencias para o ano 2017. Contamos con 35.000 euros de financiamento e, ademais dos 15 alumnos que están facendo o curso, hai un monitor e un administrativo que dirixen a actividade. Dende o Concello queremos agradecer novamente á Consellería de Traballo a súa confianza na Aula de Formación de Foz para impartir este curso”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



