Burela, 8 de outubro de 2014. O Centro de Educación Medioambiental Gaia en colaboración co Concello de Burela e a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha o pasado mes de maio, a través dun convenio con Sogama, unha campaña de compostaxe na que se repartiron 46 composteiros entre veciños, centros educativos e diferentes asociacións burelesas. Agora, cinco meses despois, varias monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia están a facer un seguimento aos adxudicatarios de estes composteiros para valorar o éxito da iniciativa.
Os centros educativos CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme, a Fundación Eu Son e Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña foron xunto a varios veciños de Burela, os elixidos para participar dende o pasado 17 de maio nesta campaña de compostaxe que agora chega ao seu momento de análise. Os usuarios, que puideron recoller os seus composteiros na praza de Abastos municipal, teñen que responder estes días ás preguntas que as monitoras do Centro Gaia lles están a formular sobre a situación do material prestado, a frecuencia do seu uso e a temperatura e textura que obtiveron nos resultados finais. Así mesmo, estas monitoras tamén están a prestar axuda para resolver tódalas dúbidas que os usuarios plantexan sobre o proceso de compostaxe.
Dende o Concello de Burela recordan que “case a metade do lixo que se xera nos fogares está formado por materia orgánica que acaba en colectores convencionais, nos que tamén se depositan materiais non reciclables. Por iso, defenden a posta en marcha desta campaña coa que pretenden concienciar e reducir o volume global dos residuos producidos mediante a reciclaxe de materia orgánica en orixe, minimizando ao mesmo tempo o uso excesivo de fertilizantes químicos”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



