Lugo, 9 de outubro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, deu conta este venres na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno do organismo provincial de que a área de Deportes aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a anualidade de 2014 das bolsas destinadas a apoiar a deportistas individuais, para o cal se volverán a destinar 70.000 euros. Segundo explicou Antonio Veiga, esta convocatoria ten como finalidade “apoiar a deportistas que competiron en 2013 en modalidades individuais e non poden acceder a outro tipo de convocatorias desta institución e de outras ás que se accede mediante os equipos”, apuntou.
O importe total das axudas non variou con respecto ás convocatorias dos últimos tres anos, manténdose a dotación orzamentaria en 70.000 euros, aínda que si o fixo o baremo para a concesión da subvención, xa que este ano non se valorará só o mellor resultado da tempada, como se viña facendo ata o de agora, senón os dous mellores, algo que serve para restarlle un pouco de presión aos propios deportistas. Manterase a obrigatoriedade de ter competido nun mínimo de catro probas, salvo casos excepcionais. “Manter este investimento supón un esforzo importante para a Vicepresidencia, e máis en concreto para a área de Deportes, pero permite cumprir cun dos obxectivos que sempre nos marcamos, como é a aposta polo deporte de base lucense e polos nosos deportistas. Dúas das prioridades sobre as que sempre xiran as medidas tomadas por este goberno son garantir o benestar social e fomentar o deporte”, apuntou Veiga.
Mínimo de 300 euros e máximo de 200 bolsas
As bases destas axudas establecen catro liñas de axuda segundo a ideade dos e das aspirantes: (A) ata os 16 anos, dotada con 38.000 euros; (B) entre os 17 e os 25 anos, dotada con 25.000 euros; (C) de 26 a 35 anos, ambos incluídos, dotada con 3.000 euros; (D) deportistas con capacidades diferentes –sen límite de idade- e aqueles menores de 36 anos que non puideron competir durante o ano 2013 por estaren lesionados, dotada con 4.000 euros. Concederanse un máximo de 200 bolsas e ningunha poderá ter un importe máximo de 2.000 euros e mínimo de 300. Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, con independencia do número de modalidades deportivas que practique.
Media de colaboración con 175 deportistas
Finalmente, Veiga concluíu a súa intervención recordando que esta liña de subvencións serve cada ano para axudar a unha media de 175 deportistas da provincia. Este mesmo sábado saíran publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, momento a partir do cal os deportistas contarán con 15 días hábiles para presentar a súas solicitudes, rematando deste xeito o prazo o vindeiro 29 de outubro.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
