CARTA ABERTA
A herdanza envelenada do PSOE, en materia de saúde
Despois de catro anos nos que a xestión do Goberno bipartito de Galicia trouxo consigo un evidente deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense os notables erros cometidos polo PSOE deslexitiman a esta formación política para dar leccións en materia de sanidade.
Pouco teñen que dicir sobre os instrumentos para recuperar a confianza no funcionamento dos nosos servizos de saúde aqueles que como herdanza deixaron un sistema colapsado, e non foron capaces de abordar nin corrixir as principais problemáticas coas que nos enfrontamos cando falamos do funcionamento do SERGAS.
En rolda de prensa o deputado socialista Ismael Rego acompañado do voceiro do PSOE en materia de saúde, Miguel Ángel Fernández López, teñen o atrevemento de rirse de todos os veciños falando de que co bipartito ninguén esperaba máis de seis meses para ser operado. Como é posible realizar semellante afirmación, claramente falsa, cando hoxe é máis evidente que nunca que maquillaron e manipularon as listas de espera tal e como acredita o Consello de Contas de Galicia?. Como é posible facer esta afirmación cando, tanto os deputados do PSOE como os do BNG, negáronse a auditar as listas de espera, tal e como reclamábamos desde o PP co obxecto de evitar que seguira ocultándose unha realidade que estaban a sufrir miles de veciños da nosa comarca, cansos de soportar unhas demoras que una vez máis veñen a negar desde o PSOE.
Cómpre lembrar incluso que, cos socialistas no Goberno, por primeira vez na historia, as listas de espera chegaron ata os centros de saúde, tanto para obter cita co médico de familia como para a prescrición de receitas. É máis, incluso os feitos desacreditan ao voceiro de Sanidade do PSOE que cando exerceu como director do hospital Xeral Calde de Lugo tivo a dubidosa honra de facer do que era á súa chegada o centro con menores listas de espera de Galicia o que maior demora acumula de toda a comunidade.
Afondando na falta de rigor, os deputados socialistas teñen o atrevemento de atribuír ao PP a paralización do plan director do Hospital da Costa. Cando saben que hoxe, o hospital da nosa comarca é o único de toda Galicia que non ten nas contas da Xunta, elaboradas polo bipartito, partidas orzamentarias expresas para desenvolver este plan de mellora. Si aparecen, en cambio previsións de investimentos para os plans directores dos hospitais Juan Canalejo (4 M€), Arquitecto Marcide (1,4 M€), Centro Hospitalario de Ourense (1 M€), Hospital de Pontevedra (400.000 €) e do Salnés (1 M€). Pero ni un só euro para o emprazado en Burela que, para o PSOE parecía non existir.
Os mesmos deputados socialistas que hoxe falan de insuficiencia de orzamentos, ambos os dous, votaron en contra dunha emenda do PPdeG ás contas autonómicas para 2009 coa que reclamabamos dous millóns de euros máis para o noso centro hospitalario. E non poderán explicar porque simplemente non existe en que cantidade e cal foi a data de licitación das obras e actuacións incluídas no plan funcional do hospital. Quixeron vivir da propaganda cando a realidade é que nos estaban a mentir
Nestes cen primeiros días escollemos aos mellores profesionais para acometer o moito traballo que hai que desenvolver neste ámbito tendo en conta a herdanza envelenada recibida, e impulsamos o desmaquillaxe das estatísticas oficiais, para sacar á luz, a un gran número de xente que formaban parte da lista de espera encuberta, agochada pola publicidade enganosa do bipartito.
Tan só desde a transparencia, desde un diagnóstico real das doenzas que prexudican o normal funcionamento do SERGAS podemos garantir un futuro mellor. Esta vez si, cada un dos veciños, e a efectiva protección da súa saúde con calidade e garantías axeitadas ao tempo no que vivimos son prioridades na acción do novo Goberno.
JOSE MANUEL BALSEIRO OROL é Deptuado do PPdeG
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



