Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, que cumpra coa promesa do seu departamento co IES Vilar Ponte de Viveiro e complete a equipa de 43 profesores para este centro incorporando o profesor de lingua castelán que comprometeu. O deputado de AGE, Ramón Vázquez, lamentou en rolda de prensa que a Xunta de Galicia volva a mirar cara outro lado cando a cidadanía esixe que se cumpran as promesas recibidas polo propio Goberno galego, e que no caso deste centro está a sufrir dun xeito especialmente cruel as consecuencias da política de recortes educativos emprendida polo Goberno do Partido Popular. O deputado de AGE denunciou a secuencia dos acontecementos que “deixa ben claro ata onde ten chegado a falla de criterio e o afán por apurar ata máis aló dos límites asumibles o cadro de persoal do centro”.
O deputado de AGE, Ramón Vázquez, anunciou a presentación dunha iniciativa na que se esixe en primeiro lugar a reposición do profesor de Lingua Castelá tal e como prometeron, así como un novo proceso de selección da dirección do centro xa que a actual “é ilegal” ao ser elixida a dedo por parte da Consellería que en ningún momento consultou co claustro nin co Consello escolar como establece a lei. Por último, o grupo parlamentar de AGE esixe a inmediata retirada das multas interpostas contra dúas nais que participaron nuns actos de protesta que o único que perseguían era defender e facer valer os dereitos dos seus fillos e fillas.
Para Ramón Vázquez á xa característica falla vontade de negociación do Goberno Galego, súmase nesta ocasión a coacción ás familias a través de denuncias xudiciais, provocando un clima de conflito crecente. Por este motivo, o grupo parlamentar de AGE manifestou a súa total repulsa á liña de coacción iniciada por parte do conselleiro de Educación, que non supón unha total desvergoña tendo en conta que estamos a falar dun conselleiro que conta xa con 21 sentenzas contra a súa xestión.
Ramón Vázquez recomendou ademais á xefa territorial que dimita do seu cargo se non é quen de compatibilizar o seu cargo de concelleira e o novo nomeamento no departamento de Educación tal e como queda demostrado no caso do IES Vilar Ponte que “non é máis que a punta do iceberg” dunha dramática situación na comarca que pasa pola redución de máis de 100 docentes nos últimos 5 anos, o peche de 17 aulas de primaria, o peche de 5 escolas, o desmantelamento da rede de orientación de Viveiro, e a sobrecarga deste servizo en centros como o é o caso do CEP Lois Tobío, Santa Rita de Galdó ou Pedrosa Latas do Celeiro que se ven obrigados a atender alumnado doutros centros con necesidades educativas especiais ou que precisan apoio educativo, o que afecta gravemente á calidade do servizo e supón un importante trastorno para estes nenos e nenas.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



