A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), alerta por choivas intensas e persistentes que afectarán este xoves a Galicia, especialmente ás provincias de Lugo e Pontevedra. En Pontevedra, serán moi intensas, podendo acumular ata 120 l/m2 en 12 horas e 30 l/m2 nunha hora.
Estas precipitacións irán acompañadas de fortes ventos en terra e na costa galega que persistirán ata o venres 17.
Dado o difícil prognóstico dos fenómenos tormentosos, aconséllase manterse informado en todo momento da posible evolución dos cambios meteorolóxicos.
Recomendacións
Ante choivas intensas
· Se vai conducindo, diminúa a velocidade, extreme as precaucións e non se deteña en zonas onde poida discorrer gran cantidade de auga.
· Se ten que viaxar, procure circular preferentemente por estradas principais e autopistas.
· En caso de tormentas súbitas e choivas intensas, débese ter en conta o lugar onde se aparcan os vehículos. O rápido ascenso do nivel das augas pode danar os vehículos aparcados sobre zonas inundables e, ademais, arrastralos, provocando danos a bens alleos e ata obstaculizar o fluxo natural da corrente.
· Se comeza a chover de xeito torrencial, pense que existe risco de inundación. Non atravese co seu vehículo nin a pé, os tramos inundados, porque descoñece o que pode haber debaixo do auga e localice os puntos máis altos da zona. Non intente salvar o seu automóbil no medio dunha inundación.
· Se se atopa no campo, hai que afastarse dos ríos, torrentes e zonas baixas de ladeiras e outeiros, evitando atravesar vados inundados. Igualmente, debe dirixirse aos puntos máis altos da zona.
· No entanto, o difícil prognóstico dos fenómenos tormentosos aconsella manterse informado en todo momento da posible evolución dos cambios meteorolóxicos.
Ante o risco de inundacións
· Mantéñase permanentemente informado, a través da radio e doutros medios de comunicación, das predicións meteorolóxicas e do estado da situación.
. Non conduza en áreas inundadas. Abandone o automóbil e busque un terreo máis alto cando se vexa rodeado por unha corrente de auga.
· Procure circular, preferentemente, por estradas principais e autopistas.
· Procure afastarse de vías e torrentes e non trate de atravesar a pé vados inundados ou correntes de auga.
· Se ten que evacuar o seu domicilio, traslade os artigos esenciais aos pisos máis altos, peche a toma principal de electricidade e gas e siga as instrucións das autoridades.
Ante ventos costeiros
· Se se atopa en zonas marítimas, procure afastarse da praia e doutros lugares baixos que poidan ser afectados polas elevadas mareas e oleaxes que adoitan xerarse ante a intensidade de ventos fortes.
· Nestas situacións, o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastrarlle si atópase nas proximidades do mar.

























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



