A situación Social de Galicia é absolutamente dramática para unha boa parte dos seus cidadáns: máis de 650.000 galegos e galegas viven a día de hoxe por baixo do limiar da pobreza, máis de 93.700 fogares galegos teñen a tódolos seus membros en idade de traballar no desemprego, menos da metade dos demandantes de emprego en Galicia (341.105 persoas) cobran a prestación ou o subsidio.[1]
Son datos dunha políticas auspiciadas polos grandes oligopolios e o capital especulativo, seguidos automaticamente polos gobernos e que demostran que o ‘turbocapitalismo’ amosou o seu rostro máis terrible.
Para Ecosocialistas non hai outro camiño que cuestionar de raíz as políticas económicas levadas adiante polos distintos gobernos da UE e afrontar un proceso de reconstrución do marco político e democrático sen o secuestro dos ‘mercados’.
Ademais Espazo Ecosocialista considera inmoral que as institucións diante desta situación pretendan quitarlle as persoas pobres e en risco de exclusión social os seus dereitos cidadáns para volver a tratalos como beneficiarios de esmolas e caridade.
Cabe recordar que o informe elaborado polos directores e xerentes de Servizos Sociais sobre Dereitos-Economía-Cobertura das Políticas Sociais en España (INDICE DEC)[2] volve a situar a Galicia na cola das comunidades autónomas en políticas sociais.
Caendo no 2013 por cuarto ano consecutivo, un 1,7%(de 519,9 a 509,9 millóns de euro) e moi lonxe dos 661,9 millóns do ano 2009. (na serie 2009-2012 perdese 18,65 puntos porcentuais). Galicia é a segunda comunidade autónoma que recorta máis os seus orzamentos en políticas sociais.
O Índice 2013 sitúa a Galicia no posto número 13 nas políticas sociais das comunidades autónomas e, o que é un síntoma máis grave, aparece cunha puntuación global de 3,65 puntos sobre 10 e cualificado como IRRELEVANTE, nun baremo onde existen as categorías de Excelente, Alto, Medio Alto, Medio, Medio Baixo, Débil e Irrelevante (no informe 2013 tiña unha puntuación de 5,1 e cualificación de Débil)
Ademais, os Servizos Sociais non acadan Excelencia en ningún dos tres aspectos analizados polo informe (Dereitos e decisión política, Esforzo económico e Cobertura)
En Materia de Dereitos e decisión política, Galicia conta cunha nova lei de Servizos Sociais que garante dereitos subxectivos, pero non se ten desenvolvido nin o Catalogo nin a Carteira deses dereitos.
Cabe destacar que ademais esta valoración negativa dáse nun momento onde perigan os servizos sociais tal como os coñecemos. A aprobación polo Consello de Ministros do anteproxecto da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local; de non modificarse a redacción actual, suporá o desmantelamento efectivo do cuarto piar sobre o que se sustenta o Estado do Benestar Social. En concreto o artigo sete, que modifica o artigo 26 da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de Réxime Local sobre competencias dos concellos, e especificamente dos Servizos Sociais. A nova Lei xera incerteza e preocupación cando sinala que a única competencia propia dos Concellos neste ámbito será, “a avaliación e información de situacións de necesidade e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social”.
Espazo Ecosocialista considera moi grave, nun momento onde a exclusión social e a pobreza medra que se poida desmantelar os Servizos Sociais e que se derive cara a organizacións de beneficencia o que ata agora son considerados dereitos da cidadanía.
A reforma da administración local en marcha pretende, non so recortar dereitos como se fai na sanidade ou no ensino, senón desmantelar os servizos sociais construídos nos últimos 30 anos.
A xunta de Galicia debe dar cumprimento do Pacto Galego contra a Pobreza e a adopción dun plan de emerxencia.
Espazo Ecosocialista asume como propias as propostas da EAPN e da Coordinadora Galega de ONGDs, así como a vontade de participar nos actos reivindicativos e de sensibilización convocados para o día internacional de erradicación da pobreza.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



