O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o Director de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé, veñen de asinar este mércores o contrato de compra-venda dos terreos da Baleeira de Morás, polo cal o Concello adquiría estes terreos e as antigas instalacións da baleeira polo simbólico prezo de 1 €uro.
Esta adquisición foi aprobada polo Pleno do Concello o pasado 18 de agosto, co obxectivo de restaurar a paisaxe litoral da pequena praia de “O Portiño”, e mediante un convenio de actuación con Costas e Medio Marino proceder a súa demolición e á recuperación dunha zona verde que sirva, á vez, como lugar de esparcemento de veciños e visitantes, polo que manifiesta coñecer e aceptar totalmente as características constructivas e o estado actual dos edificios e terreos obxecto de compravenda.
Recordamos que esta factoría estivo en activo algo máis dunha década, dende comezos dos anos 60 ata comezos dos 70. Unha vez que a factoría cesou na súa actividade, a factoría foi desmantelada polos seus propietarios, levándose a maioría da maquinaria e elementos reutilizables a outra factoría. Durante os seguintes anos as naves e o entorno da factoría pasaron a mans de Alúmina/Aluminio (agora Alcoa), quens utilizaron as naves como almacén, función que deixaron de ter xa hai uns anos. Polo tanto, trátase dun espazo e unhas estructuras sen utilizade ningunha neste intre.
Recuperada por parte do Concello a titularidade pública da factoría, o seguinte paso será reconvertir ese espazo, de cáseque 11.000 metros cadrados, nunha área recreativa para uso e disfrute de tódolos veciños e visitantes.
A seguinte actuación que se vai a dar, despois de recuperada a titularidade pública, vai ser a demolición das estructuras existentes, para nunha seguinte fase reconvertir esa área en espazos verdes e recreativos. Na fase de demolición está previsto que tódolos residuos sexan totalmente reciclados, o que non podería ser doutra maneira.
Dado o alto custo que suporía afrontar estes traballos, dende o Concello xestionouse que fose a Dirección General de Costas quen afrontase os traballos de demolición e creación da área recreativa.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



