Gato Pardo, Óscar Joyeros, Temple e Fórum encabezan a táboa da Liga de Fútbol Sala de Veteranos de Viveiro tras vencer nos seus respectivos partidos da primeira xornada da competición.
Coa vitoria do Temple ante o Mesón Lodeiro por 4 a 3 daba comezo a temporada 2014/2015. Tamén o luns 13 de outubro vencía Gato Pardo por 4 goles a 0 ante A Curva e, posteriormente, Óscar Joyeros facía o propio ante o Cofipesca rematando o partido cun marcador de 4-2.
Os partidos do xoves 16 de outubro repartiron puntos entre Mesón Os Arcos e Mesón A Fonte, tras empatar a 3 goles, e O Mesón e Flanagans, que empataron sen goles. Fórum venceu por 4 a 3 a Juve Chavín.
Xornada 2
A Curva – O Recuncho: luns 20 de outubro ás 20.30 horas.
Mesón A Fonte – Gato Pardo: luns 20 de outubro ás 21.15 horas.
Cofipesca – Mesón Os Arcos : luns 20 de outubro ás 22.00 horas.
Juve Chavín – Óscar Joyeros: xoves 23 de outubro ás 20.30 horas.
Flanagans – Temple: xoves 23 de outubro ás 21.15 horas.
Mesón Lodeiro – Fórum: xoves 23 de outubro ás 22.00 horas.
Descansa: O Mesón.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
