Ribadeo, 22 de outubro de 2014.- Música, teatro afeccionado, exposicións e actividades para os máis pequenos conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano.
A programación de outono, que comezaba hai uns días, continúa esta semana coas Músicas Posibeis coma protagonistas. Este xoves, 23 de outubro, ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo e con entrada gratuíta, terá lugar a actuación do guitarrista Samuel Diz. Segundo explican desde a Concellaría de Cultura “trátase dun comprometido coa recuperación e dinamización do patrimonio musical galego que presentou en decembro de 2012 Guitarra Clásica Galega, traballo discográfico que percorre o pasado, presente e futuro do instrumento na cultura galega, editado polo selo Ouvirmos, co apoio da Xunta de Galiza a través da súa Axencia das Industrias Culturais –AGADIC- e a Secretaría Xeral de Cultura. Este concerto, xunto cunha exposición fotográfica e audiovisual arredor do Camiño de Santiago, forma parte e é organizado pola Xunta para conmemorar o aniversario da peregrinación de San Francisco”. A exposición poderase visitar na sala de turismo ata finais deste mes.
Durante a vindeira fin de semana Ribadeo recibirá “a dous artistas da lusofonía que están no noso país como participantes en Santiago de Compostela da WOMEX, a máis importante feira profesional de world music do mundo”. O compositor, cantor e guitarrista brasileiro Makely Ka actuará o sábado ás 20.30 horas no Teatro. E Celina da Piedade o domingo ás 20.00 horas. Esta muller é ben coñecida nos palcos europeos cos seus proxectos liderando unha banda de experimentados músicos ou participando do proxecto doutros coma Rodrigo Leão ou Mayra Andrade.
A entrada xeral para estes concertos é de 5 euros e redúcese a 3 euros para persoas xubiladas, estudantes ou desempregadas.
Os concertos seguirán en novembro coa balada galega que traerá a Ribadeo a soprano Esperanza Iglesias e o pianista Aurelio Chao. Tamén chegará á localidade Freedonia, banda de soul que xa trunfou en Ribadeo na súa anterior. Cara finais de ano “terá lugar unha actuación moi especial para nós. Carme Rodríguez presenta o seu primeiro traballo titulado Cousas, en cuxa saída ao mercado colaborou tamén o Concello a través da Área de Mocidade. E tanto a Banda Municipal de Música de Ribadeo como a Coral Polifónica e a Escola de Música e Danza coas súas propostas, completan a nosa programación destes meses no que á música se refire”.
A programación cultural de Ribadeo inclúe, coma sempre, un importante apartado para os máis pequenos dentro de A función d@s pícar@s. Este sábado, 25 de outubro, para celebrar o Día da Biblioteca visita Ribadeo Pablísimo, un dos contadores que máis gusta aos nenos e ás familias que os acompañan. Coma sempre, estas actividades de animación á lectura que se veñen desenvolvendo na biblioteca municipal El Viejo Pancho son gratuítas.
Os rapaces tamén celebrarán un ano máis o Samaín.O día 31 de outubro na Casa do Mar haberá os tradicionais obradoiros de cabazas e outros ofrecerá Mangüeta Animación. Logo do desfile ata o Teatro terá lugar a actuación do Mago Teto ás 19.00 horas. En novembro haberá tempo para o teatro con Elefante Elefante e a súa obra Aurora. E xa no Nadal chegará Osiño, de Trompicallo Títeres e Peter Punk volverá impactar co seu Peor imposible.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, subliña que “no caso das actividades de pago aquelas familias que estean a pasar por unha situación económica delicada poden achegarse ata os Servizos Sociais do Concello, porque non queremos que ningún nen@ quede sen disfrutar das cousas que organizamos para eles”.
As exposicións tamén están presentes na axenda cultural deste trimestre. Así do 6 ao 30 de novembro na sala de Turismo poderase ver a dun fotógrafo lucense, Iván Merayo e a súa serie titulada Coma silvas que comen muros. E tamén haberá cara finais de ano unha nova mostra de pintura afeccionada.
Na Concellaría de Cultura están moi satisfeitos “pola grande afluencia de público que tivo a función de Carlos Blanco e Luís Davila e coa que iniciamos a programación cultural e teatral do último treito do ano”.
En novembro pasará por Ribadeo a compañía Malasombra co seu espectáculo Go On¡, que chega avalada polo éxito de máis de 100 representacións. A XI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón contará con tres dos mellores grupos da provincia: Achádego, Hipócrita e Nostrum Cai. A edil de Cultura engadiu que “o teatro afeccionado e os contacontos serán obxecto dunha programación específica para varias parroquias do rural”.
Co gallo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres haberá unha proposta escénica concibida expresamente para tratar este tema. Chévere representa en escaparates de comercios ribadenses os seus Escaparates de xénero, “unha innovadora e suxerente idea que contará coa colaboración do CCA”. E o ano remata no que ás táboas se refire cos veciños de Barreiros no Teatro. Alí Ollomao representará Oé, Oé ,Oé, a obra tan representada de Maxi Rodríguez.
As persoas interesadas en obter máis información sobre a axenda cultural do Concello poden facelo a través do facebook Ribadeo Cultura.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



