Foz, 22 de outubro de 2014.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca os datos moi positivos sobre as contas do Concello que recolle un informe que acaba de facer público o Ministerio de Facenda. O rexedor explica que iso é consecuencia da aplicación da economía doméstica á política municipal por parte do equipo de goberno e grazas ao esforzo dos veciños.
“Dende o goberno do Concello de Foz, unha vez que saíron publicados os datos que ofrece o Ministerio de Facenda das contas de todos os concellos de España do ano 2013, o único que podemos facer é congratularnos porque neses datos aparecen as comparativas dos concellos coa media nacional. E o Concello de Foz sae moi reforzado porque os datos son moi positivos”, manifestou Javier Castiñeira.
O alcalde explicou que “o Concello de Foz cústalle moito menos aos veciños do municipio que a media nacional por habitante: por exemplo un dato importantísimo é que en impostos directos os veciños de Foz pagan un 30 por cento menos que a media nacional; tamén un 8 por cento menos de taxas. En canto a datos sobre gastos tamén é importantísimo que o Concello de Foz gasta un 25 por cento menos que a media nacional, o que indica que xestiona moito mellor os recursos que ten. Outro dato importantísimo é que a débeda pública bancaria é o 60 por cento menor que a media nacional, que está en 69,52 euros por habitante e o Concello de Foz por cada veciño só debe 29,11 euros. E os intereses bancarios que pagamos son un 80 por cento menos que a media nacional, ou sexa que mentres os focenses pagan 4,16 euros de intereses o resto dos españois pagan unha media de 20,66 euros. E iso que nestes datos non se ten en conta a poboación flotante, estacional do verán, que se duplica durante os meses de xullo e agosto e á que hai que darlles servizos”.
Para Castiñeira “estes datos do Ministerio de Hacienda significan que dende o ano 2011 ás contas do Concello cambiaron, de números vermellos a completamente positivos. E todo isto a pesar das múltiples cambadelas que este goberno municipal recibiu da oposición. O Concello de Foz non só gasta menos do que ingresa, ou sexa que aplica a economía doméstica ás contas públicas, senón que, aínda por enriba, paga o que se deixou a deber, tanto aos provedores como aos bancos; todas as débedas que herdamos estámolas pagando e aí están os datos”.
O rexedor focense engadiu que “quen o queira negar está negando os datos auditados polo Ministerio de Facenda coas medias nacionais e as do resto dos concellos de Lugo e da Mariña. E o grupo de goberno popular está moi orgulloso deses datos, que non só grazas a moi boa xestión do equipo de goberno senón tamén ao esforzo de todos os veciños, grazas ao cal estamos poñendo as contas públicas como verdadeiramente xa tiñan que estar moito antes”.
O alcalde rematou comentando que “mentres os concelleiros da oposición que poñen cambadelas e paus nas rodas dedícanse a facer demagoxia, a mostrar a peor imaxe do concello, a facer fotografías de fochas e de farolas, nós o que facemos é loitar polas contas municipais e para dar servizos aos veciños. Nunca tantos servizos se deron no Concello de Foz como agora e sen ningún tipo de apoio dos grupos da oposición, de todos aqueles que están cambiando de chaqueta un día si e outro tamén, polo que temos unha corporación totalmente descoñecida, ata o punto de chegar a que o señor Cancio está exercendo de portavoz do Partido Socialista cos votos de Unifoz, esa agrupación que ao parecer era horizontal e independente; e por outro lado os concelleiros non adscritos do PSOE, que agora están a facer o contrario do que lle reclaman ao señor Cancio. Os únicos que permanecemos onde lles prometemos aos veciños somos os do equipo de goberno, que é un grupo fiel e leal aos intereses de todos os focenses; e aí seguiremos, que non teña ninguén a menor dúbida”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



