+TANGO, La Canción de Bos Aires é un espectáculo integral de tango que se achegará o venres 31 ás 21.30 horas ó auditorio da Casa da Cultura de Burela. +TANGO preséntase conxugando maxistralmente a historia coa música, os personaxes coa poesía, a través dun paseo sentido polo máis profundo da música do Río de La Prata. Tamén percorrendo a maioría dos temas do seu primeiro CD homónimo.O espectador gozará a esencia do tango, coñecendo pormenores e anécdotas de cada interpretación. Música, baile e palabras serán compañeiros de viaxe, coa presenza dun elenco de artistas que senten o tango na súa pel: ALEJANDRO SZABO en bandoneón; EMILCE ROSANA, a dama de +Tango; HÉCTOR RIAL; JAVIER CONSTENla ao piano e DIEGO e ANDREA. As entradas pódense adquirir na taquilla antes do inicio da función por 9 euros e a través da venda anticipada en entradas.abanca.com e puntos de venda locais -BIBLIOTECA MUNICIPAL, CASA DE CULTURA, el “HOTEL NORDES”, CAFETERÍA “BOASMIGAS”, CAFÉ “LA MURALLA” e BINGO-KARAOKE “O’RAIO” en Burela- por 7 euros.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



