28 de outubro de 2014.- A Fundación Junior Achievement e Fundación Alcoa puxeron en marcha o programa “Constrúe a túa carreira”, un proxecto cuxo obxectivo é espertar o interese dos mozos nas materias STEM para que acaben formándose nunha carreira relacionada coa ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía ou as matemáticas.
Grazas a esta iniciativa, preto de 60 alumnos procedentes de distintos centros educativos de Lugo asistirán o próximo mércores 29 de outubro a unha actividade de lanzamento, na que poderán comprobar por que estes campos son importantes para o seu futuro, identificar os sectores que desexen explorar e trazar con éxito o seu camiño para o seu futuro profesional.
O proxecto enmárcase dentro dunha iniciativa de Júnior Achievement Internacional que, co soporte da Fundación Alcoa, se levará a cabo noutros países como Brasil, Francia, Reino Unido, México e Estados Unidos.
As profesións STEM
Son as carreiras do futuro e espérase que sexan as máis importantes nas próximas décadas. Sen embargo, segundo o último informe da OCDE e datos de Eurostat, España ha de mellorar a súa formación e aumentar a porcentaxe de persoas que completan os seus estudos nestes campos para alcanzar os niveis medios dos países do seu ámbito.
De cara a 2020, segundo un estudo do European Center for the Development of Vocational Training,
os profesionais STEM (Science-Ciencia, Technology-Tecnología, Engineering-Ingeniería & Mathematics-Matemáticas), serán os máis demandados e calcúlase que entre o 85% e o 95% dos traballos ou posicións dispoñibles estean altamente relacionados con estes campos.
Acerca de Junior Achievement
Junior Achievement é a organización educativa sen ánimo de lucro máis grande do mundo especializada en educación emprendedora. Desenvolve programas educativos en 121 países e en 30 idiomas, beneficiando a máis de 10 millóns e medio de mozos cada ano. Junior Achievement traballa en España dende o ano 2001 para potenciar o talento dos mozos e dotalos das habilidades necesarias para lograr unha exitosa transición á empleabilidad.
Actualmente leva a cabo os seus programas en centros educativos públicos, concertados e privados grazas á colaboración de numerosas empresas e institucións. Durante o curso académico 2013/2014 Júnior Achievement España beneficiou a 21.422 alumnos grazas á colaboración de 2.402 voluntarios. Para máis información visite: www.ja-ye.org
Acerca de Fundación Alcoa
Fundación Alcoa é unha das maiores fundacións corporativas dos EUA, con 460 millóns de dólares de recursos propios. Fundada hai 60 anos, investiu máis de 570 millóns de dólares dende 1952. En 2012 achegou máis de 21 millóns a organizacións sen ánimo de lucro en todo o mundo, promovendo colaboracións innovadoras para mellorar o medio e educar os líderes do mañá en carreiras profesionais de produción e enxeñaría. Hoxe en día o esforzo de Fundación Alcoa fortalécese grazas aos miles de empregados voluntarios que achegan o seu talento e tempo para marcar unha diferenza nas comunidades nas que Alcoa está presente. Dentro do programa do Mes do Voluntariado da compañía en 2012, o 60 por cento dos empregados de Alcoa participaron en máis de 1.050 actividades en 24 países que se beneficiaron a 450.000 persoas e a 2.050 organizacións. Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos resultados de Alcoa. Para obter máis información, visite www.alcoafoundation.com e siga @AlcoaFoundation en Twitter.
Constrúe a túa carreira
Data: 29 de outubro de 2014
Lugar: Casa da Cultura de Xove, Rúa Camiño Real S/N, 27870 Xove (Lugo)
Hora: 8.45h-14.00h





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



