A hostalería de Burela celebra esta fin de semana as xornadas gastronómicas “Ponte de Merluza en Burela”, na que participan 16 locais ofrecendo diferentes minirracións elaboradas ó precio de 2 euros.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela organiza esta terceira edición da campaña “Ponte de Peixe en Burela”, que inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo); e nas que colabora tamén Armadores de Burela ABSA.
En cada unha delas sortéase unha fin de semana para dúas persoas nun balneario entre todas as persoas que participen na campaña. Para iso cada persoa debe selar a súa tarxeta de participación en catro locais das diferentes zonas nas que se divide o mapa de Burela.
A relación de locais e tapas de merluza é a seguinte: A Casa da Avoa (Merlumento), La Cepa de Bustos (Taco de merluza sobre sepia y su tinta), Mis En Plas (Merluza do interior), Palacio de Cristal (Merluza rellena de marisco), Hotel Canabal (Folleado de pescada con delicias do país), Hotel Galatea (Brocheta de merluza con reducción de langostino), Restaurante-Hotel Sargo (Cachopo de merluza), Restaurante A Lonxa (Salpicón de merluza), BoasMigas (Pizza de merluza á galega), A Marquesa (Fritos de merluza con crema de marisco), O Traste (Crepe de merluza e marisco), Cervecería Kiko (Merluza en salsa roja), Rompeolas (Regaliño do mar), Bar Orxal (Marmitako de merluza), A Parrillada de Jandro (Chupa-chups de merluza) e Hotel Nordés (Merluza romana estilo Nordés).