A delegación da Xunta de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polos coordinadores do libro editado por Wolters Kluwer “Opositar: reto e oportunidade”, Diego Vigil de Quiñones Otero, Rexistrador da Propiedade e Raquel Marañón Gómez, Letrada das Cortes Xerais. A obra, informa do que hai que saber das principais oposicións (xa sexan para desempeñar funcións no poder xudicial, o lexislativo, a administración xeral ou os órganos constitucionais e corpos especiais), e inclúe ademais unha recompilación de testemuños escritos por funcionarios novos que ingresaron recentemente nos diferentes corpos funcionariais (opositores do século XXI), mostrando tamén as oposicións dende unha perspectiva vital. No acto interviñeron, ademais dos coordinadores: o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.
Para Ónega, “este libro posúe unha información tan completa, exhaustiva e útil que se fai necesario e imprescindible para os que aspiren a opositar ou os que necesiten orientación para os seus”
Para Diego Vigil, Galicia deu moitos e grandes profesionais á administración, unha afirmación que corroborou con datos: “mentres que a poboación de Galicia supón só o 8% do total de España, case a cuarta parte dos altos funcionarios do estado son galegos”, citando entre eles a, Romay Beccaría, Ónega, Rajoy, ou o presidente do BBVA Francisco González. Pero tamén é un camiño de volta, como o proba que, Galicia, especialmente Lugo e Ourense, sexan o primeiro destino de moitos xuíces, rexistradores e notarios, en localidades como A Fonsagrada, a Pobra de Trives, Viana do Birlo, Becerreá, Carballino, Bande, Celanova, ou Quiroga, frecuentes destinos dos recén aprobados.
Para Raquel Marañón, “como mozos que somos tocounos vivir uns tempos en que a función pública se encontra cuestionada e queremos con este libro poñer en valor o estudo e o esforzo como un ben por se mesmo, e o traballo de servizo público, que contribúe a unha sociedade mellor”.
A quenda de intervencións pechouno Romáy Beccaría, quen subliñou nas súas palabras o que as oposicións “son senllas de gloria, sinais de identidade do esforzo, do traballo, e a dedicación dunha longa travesía” e engadiu que “España ten que estar orgullosa dos seus grandes corpos da Administración Pública, un dos seus tesouros ocultos,”.
O acto contou coa asistencia do Presidente do Consello de Estado, o coruñés José Manuel Romay Beccaria, ex Ministro, actuando como moderador o Director da Casa de Galicia en Madrid José Ramón Onega (que foi pregoeiro do Carmen deste ano en Ribadeo). Acudiron ao acto o Ex Director da Casa de Galicia, o ribadense Francisco Día Rey, Presidente do Consello Consultivo de Madrid, Ignacio Astarloa, o Decano de Rexistradores de Madrid José Felix Merino Escartín, o Presidente da Cámara de Contas Arturo Canalda, o Director do Centro de Estudos Rexistrais Eugenio Rodríguez Cepeda, e a Directora da Academia de Rexistros de Madrid Carmen de Grado, entre outros moitos.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



