A DGT pon en marcha este mes de novembro unha nova edición da campaña de sensibilización fronte a atropelos, co obxectivo de previr e de reducir este tipo de accidentes nas estradas e vías de Galicia. Esta iniciativa, que se vén realizando nos últimos dous anos, céntrase na concienciación de peóns e condutores ante esta forma específica de accidentalidade, que ten unha maior incidencia nos meses do ano con menos horas de luz e peores condicións meteorolóxicas. Para a súa execución, a DGT en Galicia conta coa colaboración da Delegación do Goberno, e o apoio da Xunta e administracións locais.
A programación da campaña da DGT combina accións formativas, que se materializan en charlas efectuadas en diversos concellos, con outras accións de tipo preventivo, entre as que destaca o labor de concienciación por parte dos axentes da agrupación de Tráfico da Garda Civil en vías interurbanas e zonas rurais, tanto a peóns coma a condutores.
As accións formativas desenvolveranse nos concellos galegos polas coordinadoras de educación vial das xefaturas de Tráfico e axentes colaboradores da campaña: gardas civís, membros de protección civil e policías locais. Polo seu lado, as accións preventivas prestarán atención a aquelas infraccións que puidesen cometer peóns e condutores que xeren riscos de atropelo e a aquelas condutas pouco seguras dos peóns, informando estes últimos para que modifiquen os seus hábitos e reduzan os riscos de ser atropelados.
A DGT recorda que, segundo establece a lexislación vixente en materia de Tráfico, son comportamentos sancionables circular sen elemento reflectante, fóra de poboado entre o ocaso e a saída do sol ou con meteoroloxía desfavorable, e atravesar a calzada sen facelo de forma perpendicular ao eixe da calzada ou facelo demorándose, deténdose sen necesidade ou entorpecendo o paso aos demais. Neste sentido, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil poñerá especial atención, tanto no comportamento dos peóns coma no dos condutores que convivan con este colectivo tan vulnerable.
200 CHARLAS EN 2013
Na edición da mesma campaña que se desenvolveu en 2013, desenvolvéronse 200 charlas informativas en concellos e repartíronse 20.000 chalecos reflectantes como forma de prevención, tanto nas charlas coma nas estradas.
As estatísticas da DGT coinciden en sinalar os meses de outono e inverno como aqueles con máis risco de atropelos. Así, só o último trimestre de 2013 acumulou o 67% das vítimas por atropelo en Galicia de todo o ano (18 entre xaneiro e decembro, das que 12 se rexistraron nos últimos tres meses). Polo que respecta a este ano, as vítimas por atropelo en Galicia ascenden 12 (1 de xaneiro a 30 de setembro).


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



