Burela, 3 de novembro de 2014. O pleno extraordinario celebrado este luns en Burela, convocado polo Alcalde por vía de urxencia para aprobar modificacións de crédito por valor de 53.000 €, demostra por
enésima vez que o PP goberna a golpe de improvisación e que agora veñen as présas a poucos meses das eleccións municipais, despois de 3 anos e medio de parálise.
As modificacións de crédito aprobadas de urxencia polo PP no pleno deste luns coa excusa da construción dos vestiarios da Marosa e reparación de vías públicas, demostran a falta de planificación do Goberno Municipal á hora de elaborar os Orzamentos do presente exercicio 2014. O grupo municipal do BNG abstívose nas modificacións de crédito propostas porque os motivos expostos polo Alcalde non estaban xustificados.
Ao PP úrxelle comezar a construción dos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa non porque o inverno sexa un “momento óptimo” para a realización das obras, como sorprendentemente afirma o Alcalde, senon porque está a piques de rematar o presente exercicio e non pode adiar máis tempo o inicio das obras. Segundo aclarou o portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, “manobras como estas poñen de manifesto a ausencia total de planificación por parte do Goberno Municipal do PP, que se presenta incapaz de consignar e executar uns orzamentos serios e reais, como criticamos desde o BNG no debate do presente exercicio orzamentario.”
Nos Orzametos aprobados polo PP en decembro de 2013, o Alcalde aseguraba que existía unha partida para a construción dos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. Desde a formación nacionalista pídenlle ao Alcalde que aclare que foi desa partida, se é que realmente chegou a existir. Pillado lembrou que “o Sr. Barcia perdeu irresponsabelmente 40.000 € na modificación das condicións de crédito para o pagamento a provedores efectuada o pasado mes de xuño e agora ten que andar facendo apaños para poder executar o orzamento.”
O BNG defende a necesidade dos vestiarios e pide un compromiso real ao Concello e á Xunta de Galiza.
Mario Pillado quixo deixar claro que a vontade do BNG é que se executen as obras canto antes e que desde o grupo municipal nacionalista se vai instar ao Goberno a que se realicen os vestiarios coa máxima celeridade posíbel. Tamén destacou que os 43.000 € consignados por medio da transferencia de crédito non cobren a metade do custo total dos vestiarios e que lamentabelmente imos ter que agardar ata 2015 para ver se finalmente o Concello consegue financiar toda a obra. No proxecto de orzamentos da
Xunta de Galiza para 2015 non figura ningunha partida de investimento para os vestiarios da Marosa.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



